Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/03/2019 | Actualizada ás 09:55
O presidente de honra de La Región, José Luís Outeiriño Rodríguez, faleceu este martes 26 de marzo aos 83 anos de idade, segundo informa o xornal ourensán.
Fundador de La Región Internacional (1966), un medio de referencia na emigración galega e española, e Atlántico Diario, entre outras iniciativas, tamén foi conselleiro de Telemiño e de Rías Baixas de Produción de Vídeo e Televisón S.A., e TeleCíes.
La Región destaca que Outeiriño "deixa un oco inmenso no mundo da comunicación e na provincia de Ourense, ámbitos nos que foi un destacado impulsor de proxectos". Recibiu en 1996 o Premio Galicia de Comunicación, en 2005 a Medalla Castelao da Xunta e a Medalla de Prata de Galicia polo seu traballo en favor da emigración.
Na súa faceta de empresario, foi promotor e fundador da sociedade Meisa (Manzaneda Estación Invernal SA), creada o 12 de maio de 1972. Ademais, lanzou proxectos empresariais como Imaxe Press, a Axencia Galega de Noticias (AGN), Radio Minuto ou Ferrol Diario.
Tamén recibiu o Título de Excelencia Galega, outorgado pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña en 2011, na modalidade de Comunicación, e foi Empresario do Ano pola Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.