Animalistas reclaman reforzar a lei para impedir a caza en terreos queimados por incendios

Tamén piden a imputación dun delito de malos tratos animais "ás persoas que puidesen resultar responsables dos lumes",

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2019 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera rexistrou unha petición formal este mércores que reclama modificar a lei sobre incendios forestais para prohibir 'sine die' as batidas de caza en terreos forestais queimados.

Segundo informa o colectivo nun comunicado, o colectivo insta á Xunta a "reflexionar" sobre "a falta de medios preventivos para evitar a perda de vidas animais" ante os incendios rexistrados nos últimos días en localidades como Rianxo, Dodro ou Cotobade.

Ademais, reclaman que se estude a imputación dun delito de malos tratos animais "ás persoas que puidesen resultar responsables dos lumes", medida recollida na súa proposta remitida á Consellería de Medio Ambiente e os partidos políticos con representación no Parlamento galego.

En concreto, solicitan que se modifique o artigo 44 da Lei galega sobre incendios forestais para "ampliar a prohición de cazar en terreos queimados" e "sancionar con maior dureza esta acción irregular".

Libera asegura que a medida pretende "evitar o que as estatísticas xa reflicten, que existe unha porcentaxe de incendios provocados con intereses gandeiros e cinexéticos, polo que unha prohibición máis extensa e multas máis duras poden ter un efecto disuasorio para os pirómanos".

Petróglifos queimados no Monte Mauxo, entre Vigo e Nigrán
Petróglifos queimados no Monte Mauxo, entre Vigo e Nigrán | Fonte: Ángel de Prado

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta