Confírmase a intención do Goberno de solicitar financiamento europeo para o tren a Langosteira

Javier Losada, delegado do Goberno confirma a intención do Executivo de solicitar fondos europeos para o tren a conexión ferroviaria do porto exterior da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/04/2019 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, ratificou a vontade do Goberno de solicitar fondos europeos para a conexión ferroviaria do porto exterior da Coruña. A preguntas dos xornalistas sobre se a Administración Xeral do Estado solicitará estes fondos para Punta Langosteira, sinalou que "se prevé" contar con financiamento da Unión Europea, a través do programa 'Conectar Europa'.

Punta Langosteira, Porto da Coruña
Punta Langosteira, Porto da Coruña | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

 

Por outra banda, defendeu o labor do Goberno de Sánchez a este respecto.  Así, indicou que "por primeira vez" o Goberno central "está a tomarse en serio" esta cuestión. "Anteriormente había un convenio que non tiña validez", dixo sobre o subscrito polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co anterior Executivo do PP e coa Autoridade Portuaria da Coruña.

 

Por outra banda, insistiu en que Adif está "a traballar no desenvolvemento da obra" e remitiuse á publicación, no Diario Oficial da Unión Europea, do anuncio da mesma como requisito previo para a licitación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta