VOTA | Cal é a mellor opción política para Galicia nas eleccións xerais do 28A?

GC pregunta aos lectores que formación política é mellor que gañe en Galicia para defender os intereses do país en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A última macroenquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para as eleccións xerais do próximo 28 de abril dá a vitoria do Partido Socialista en Galicia, onde obtería entre 9-10 escanos, por diante do Partido Popular, que quedaría con 8-9 deputados galegos no Congreso, nuns comicios onde por primeira vez Ciudadanos e Vox terían representación de Galicia en Madrid, con dous ou un deputados, respectivamente, e En Marea e BNG non obterían representración, mentres que En Común-Unidas Podemos podería conseguir dous.

Voto nas eleccións municipais
Voto nas eleccións municipais

Ante unha das eleccións máis incertas na historia do país, GC pregunta aos lectores cal cren que é a mellor opción política para Galicia nestes comicios trascendentais, entre os partidos que xa teñen representación nas cámaras galega e española, e os que as enquisas colocan con escanos nas próximas eleccións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

17 Quirogai

Non estou afiliado ao BNG, só lles votei 2 veces na miña vida e nas vindeiras eleccións votarei por eles porque o trifachito non pode chegar ao poder e porque en Galicia non hai outra opción máis galega (e aínda os vexo moi moderados en algúns puntos!). Que haxa tanto resentido antiBNG indica que están no bo camiño.

1 Carlos Caselas

O 29A rimos todos! Sabes perfectamente, ou aínda non gastaches os dentes de leite, que o BNG vai ter os mesmos deputados en Madrid que nesta lexislatura. Lembra, coloca o nome e o 29A rimos todos!

2 Turra

Algúns sodes tan galegos que preferides que ninguén saque representación antes que ver aos do BNG no congreso. Moi galego todo...

16 un do bloque

Dinlle onde esta o bloque... espero que conten ben... que non manipulen e que non censuren!!!!

15 Fran do Covelo

E a abstención onde está? Ou os votos en branco? Pois, a min e a unha ampla maioría NON NOS REPRESENTAN!!! Aclarado o básico, fanme rir os 'desencantados' coas Mareas de Podemos que, indecisos, voltan al rego do BNG. A estas alturas, os raposos aínda pretenden captar inocentes! E, agárrense, poden votar tamén polo PSOE, pois son votantes nacionalistas (non se sabe se españois ou galegos?, pola libre autodeterminación ou dentro da sagrada constitución?, atizadores do 155, encarceradores do disidente secesionista, monárquicos ou republicanos?) e de esquerdas (do 135, das portas xiratorias, da reforma laboral, calados ante a UE, ante os inmigrantes mortos, cando encarcelan a Assange...). Como non hai diferenzas? De seguir así, igual até dubidan ir con Vox! Pois eu, disimulen, síntome máis próximo aos que o 28A o dediquen enteiramente a pasear pola praia ou polo monte! Seguro que acaban cosas ideas máis claras e respiran moito máis limpio, sen pinza no nariz, xa saben...

14 Liberado Day

Queda claro quen ten máis liberados a soldo pago con diñeiro público

13 Mimau

Xa nen os máis talibáns das mareas-podemos-etc son quen nen de molestarse en votar. Sábense derrotados polo BNG, e con razón: é o único partido galego.