Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/04/2019 | Actualizada ás 14:08
A última macroenquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para as eleccións xerais do próximo 28 de abril dá a vitoria do Partido Socialista en Galicia, onde obtería entre 9-10 escanos, por diante do Partido Popular, que quedaría con 8-9 deputados galegos no Congreso, nuns comicios onde por primeira vez Ciudadanos e Vox terían representación de Galicia en Madrid, con dous ou un deputados, respectivamente, e En Marea e BNG non obterían representración, mentres que En Común-Unidas Podemos podería conseguir dous.
Ante unha das eleccións máis incertas na historia do país, GC pregunta aos lectores cal cren que é a mellor opción política para Galicia nestes comicios trascendentais, entre os partidos que xa teñen representación nas cámaras galega e española, e os que as enquisas colocan con escanos nas próximas eleccións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.