Extinguido un incendio en Vilariño de Conso sen lamentar feridos

O lume comezou as 10 da mañá e afectou a dúas casas do lugar de Entrecisa, en Sabuguido.

Por E.P. | OURENSE | 12/04/2019 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia extinguiron este venres un lume que afectou a dúas casas do lugar de Entrecinsa, en Sabuguido, no concello ourensán de Vilariño de Conso, pero sen causar feridos. Segundo informou o 112 Galicia, membros do GES da Gudiña, que acudiron ao lugar tras ser alertados polo 112 Galicia, sinalaron que ningunha persoa se viu afectada. Ardeu unha delas por completo e a outra lindeira resultou afectada en parte.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do lume pasados uns minutos das 10,00 horas deste venres. Varios particulares alertaron de diversas casas que ardían no pobo. Os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos membros do GES da Gudiña, da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade, que se desprazaron ata o lugar cos equipos de extinción.

Ademais, alertaron ao servizo provincial de Incendios, ao haber risco de que as chamas se estendesen ao monte. Así mesmo, puxo en alerta ao 061 por se fose precisa a súa intervención.

Lume forestal en Vilariño de Conso
Lume forestal en Vilariño de Conso | Fonte: Twitter Aprafoga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta