Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2019 | Actualizada ás 12:11
A Xunta destinou un investimento de 450.000 euros a dar subvencións a nove empresas con proxectos destinados á atención integral de vítimas de explotación sexual e trata.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a resolución da convocatoria destas axudas. O nove entidades que resultaron beneficiadas percibirán entre 20.000 e 70.000 euros que dirixirán a realizar proxectos de atención social integral a persoas en situación de explotación sexual e a vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación tanto sexual como laboral, segundo indicou o Goberno galego nun comunicado.
As empresas, que para percibir esta subvención necesitaron carecer de ánimo de lucro, ter o seu domicilio social ou delegación en Galicia e estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Fornecedoras de Servizos Sociais, prepararán "asesoramento social e actuacións de apoio directo; atención psicolóxica, asesoramento xurídico; orientación e asesoramento laboral", indica a Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.