Por GalizaIsrael (http://www.galiza-israel.org) | GC ABERTO | 26/04/2019
Cando en maio do 1956 tivo lugar a primeira edición do Festival de Eurovision concursaron sete países. Transcorrera só unha década desde o fin da Segunda Guerra mundial e a maior expresión de horror que tivo lugar no mundo, e as feridas seguían abertas. Nunha Europa onde o habitual era a desconfianza, co aumento da participación e popularidade, convertiuse nunha especie de tregua.
Pasou a ser un entretemento desenfadado, no que países que pouco antes estaban enfrontados no campo de batalla, podían agora compartir unhas xornadas de música e diversión. O festival axudou a que por Europa volveran a circular as modas, a música, e, en última instancia, o coñecemento mutuo. Entre os días 14 e 19 de maio terá lugar en Tel Aviv a LXIV edición, e volve a haber grupos que fomentan o illamento, o odio e o enfrontamento. Estaban errados entón e están errados agora; o boicot cultural empobrécenos a todos, aviva a desconfianza, e fai do mundo un lugar máis inseguro.
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) defenderemos o contrario; que o intercambio cultural e a superación dos prexuízos son o camiño cara un mundo mais pacífico, mais libre, e mellor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.