A Policía Científica continúa este venres coa inspección para elaborar o informe do incendio na Chavasqueira

A Policía Científica continúa este venres coa inspección no lugar do incendio nas termas da Chavasqueira na cidade de Ourense e espera ter unha "resposta inicial" previa ao informe a próxima semana.

Por E.P. | OURENSE | 26/04/2019 | Actualizada ás 09:39

Comparte esta noticia

A Policía Científica continúa este venres coa inspección no lugar do incendio nas termas da Chavasqueira na cidade de Ourense e espera ter unha "resposta inicial" previa ao informe a próxima semana.

Así o informaron fontes policiais a Europa Press, que puntualizaron que prevén ter esa "resposta inicial" a principios da próxima semana "para que se poida traballar".

Deste xeito, a Policía Nacional segue traballando para elaborar o informe definitivo sobre as causas do incendio que na madrugada do pasado mércores calcinou as instalacións de madeira nas termas da Chavasqueira.

A Policía xa tomou declaración ao traballador que estaba nas instalacións e aos primeiros en chegar á zona do incendio. Tamén recolleu "outros indicios" no exterior da zona afectada con perigo de derrube tras o incendio para elaborar o atestado.

O lume que calcinou o complexo termal, debido ao que non houbo danos persoais, tivo lugar na madrugada deste mércores. As lapas destruíron por completo a estrutura de madeira da edificación.

Incendio nas termas da Chavasqueira de Ourense
Incendio nas termas da Chavasqueira de Ourense | Fonte: Ondacero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta