O nacionalismo galego está na UVI por culpa da falta de calidade dos seus dirixentes, que por certo se corresponde cun pobo que aínda ten moito de pailán, a pesar dun dato positivo, que é que por primeira vez a dereita toda sumada perdeu. É un nacionalismo que di defender a normalización lingüístia mais non deixa de deturpar a lingua cada vez que un dirixente fala. Que para dicir o que en castelán é "plaza roja" di "praza roxa", que non pón o menor interese en que as tv portuguesas se poidan ver en Galicia, cousa que entre outras cousas favorecería moito a recuperación do galego, un nacionalismo que practica un sectarismo salvaxe (BNG) negándose a pactar con forzas estatais de esquerda, ao contrario do que facía Castelao, ou que por liortas internas ve marcharse todos os partidos da coalición e queda en bolas (Marea). O nacionalismo galego precisa outros líderes, máis ilustrados e intelixentes, ou ben o desasnamento dos actuáis.