En Galicia os VTC deberán levar un distintivo obrigatorio desde este mércores

Os distintivos deberán colocarse na parte superior dereita da lúa dianteira e na parte inferior esquerda da lúa traseira do vehículo, respectivamente, de forma que resulten visibles desde o exterior sen interferir á visibilidade do condutor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2019 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

Os Vehículos de Transporte con Condutor (VTC) autorizados en Galicia deberán identificarse cun distintivo obrigatorio a partir deste mércores, segundo informou a Xunta nun comunicado. Así, os VTC portarán un autoadhesivo tanto na parte dianteira como na traseira. En dito distintivo figurarán a numeración e o ano no que o titular deberá proceder ao próximo visado do título administrativo habilitante.

Esta medida está enmarcada dentro da Lei de Transporte Público de Persoas en Vehículos de Turismo de Galicia, co fin de "garantir a seguridade xurídica dos sectores do taxi e dos VTC, a través da diferenciación entre ambas as categorías". "A regulación ten como finalidade velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, así como a competencia desleal entre os dous colectivos", subliñou o Executivo galego.

DISTINTIVO

Os distintivos deberán colocarse na parte superior dereita da lúa dianteira e na parte inferior esquerda da lúa traseira do vehículo, respectivamente, de forma que resulten visibles desde o exterior sen interferir á visibilidade do condutor.

Estas identificacións emítense xunto co outorgamento de novas autorizacións VTC, substitución de vehículos ou visado periódico, tras o pago da taxa correspondente, cuxo xustificante deberá presentarse a través dos formularios da Sede Electrónica da Xunta ou da aplicación 'SitranGestión'.

Os VTC autorizados en Galicia deberán identificarse cun distintivo obrigatorio a partir deste mércores. XUNTA DE GALICIA
Os VTC autorizados en Galicia deberán identificarse cun distintivo obrigatorio a partir deste mércores. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta