Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 13:56
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cualificou ao Premio do Xurado recibido por Oliver Laxe no Festival Internacional de Cinema de Cannes como "un fito para Galicia e o audiovisual galego".
O director, nacido en París e fillo de inmigrantes galegos, foi galardoado en Cannes pola súa película en galego 'O que arde'. Anteriormente, Laxe xa recibira o premio Fipresci da Quincena de Realizadores, por 'Todos vós sodes capitáns', e o gran premio da Semana da Crítica, por 'Mimosas'.
Por mor deste último recoñecemento, o titular do executivo galego, tal e como explica a Xunta nun comunicado, eloxiou "a traxectoria deste mozo director". "O éxito de Oliver Laxe reflicte a fortaleza do sector audiovisual galego, que conta cunha estrutura forte e profesionalizada, competitiva no escenario nacional e no internacional", defendeu o presidente.
Por último, Núñez Feijóo destacou "o apoio da Xunta de Galicia ao desenvolvemento da actividade da industria audiovisual, xa desde o proceso previo á produción e a rodaxe" de novas longametraxes, series de ficción e documentais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.