A Axencia de Doazón desenvolve unha campaña especial na Coruña con seguidores de Star Wars

A unidade móbil estará situada no Cantón, diante da Fundación Barrié, de 10:00 a 14:00 horas deste sábado.

Por E.P. | A Coruña | 07/06/2019 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá este sábado, 8 de xuño, unha campaña especial promovida pola asociación Project Droid con motivo da conmemoración da Xornada Mundial de Doazón de Sangue e Medula que promoven todos os seguidores da saga Star Wars.

Doazón de sangue. XUNTA
Doazón de sangue. XUNTA

Segundo informa ADOS, unha unidade móbil da Axencia de Doazón estará situada no Cantón diante da Fundación Barrié na Coruña de 10,00 a 14,00 horas. Alí estarán membros de Project Droid ataviados como personaxes da saga cinematográfica Star Wars e un robot R2D2, que convidarán á cidadanía a sumarse a esta xornada conmemorativa e converterse en doantes.

ADOS agradece a Project Droid a súa colaboración no "importante labor de sensibilización" a favor da doazón de sangue e convida os coruñeses a acudir este sábado até a unidade móbil de ADOS para sumarse a esta campaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta