O BNG ve a Corina Porro como o "retorno ao pasado" dun PP que "non entendeu a mensaxe" do 26M
O BNG cualificou como un "retorno ao pasado" a constitución dunha xestora no PP coa exalcaldesa Corina Porro á fronte, e advertiu de que os 'populares' "non entenderon a mensaxe" que a cidadanía lles enviou o pasado 26 de maio, nunhas eleccións municipais nas que pasaron de 7 a 4 concelleiros.