Detidos dous presuntos dirixentes de Resistencia Galega

Causa Galiza critica estes arrestos, que considera unha "nova montagem policial contra o independentismo organizado".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/06/2019 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado fixeron varios rexistros en vivendas de Galicia e arrestaron algúns destacados membros do independentismo galego aos que se lles asocia con Resistencia Galega.

Antón Garcia e Asunción Losada Camba
Antón Garcia e Asunción Losada Camba | Fonte: Garda Civil.

A Cadena Ser informaba este domingo da detención este sábado pola tarde en Vigo de dous presuntos dirixentes da organización Resistencia Galega. En concreto, sinala a Antón García (alias Toninho) e Asunción Losada Camba. Sobre ambos os dous pesaba unha orde europea de detención e entrega. No momento da detención estaban acompañados por un presunto colaborador, identificado como Nicolás García Nogueiras, quen tamén resultou detido, ademais doutro segundo cooperante tamén arrestado na localidade de Oxén, en Ourense.

Críase, por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que os detidos fuxiran a Portugal e mesmo foron buscados en Venezuela. Pero foron atopados e arrestados finalmente en Galicia. Aos dous se lles atribúe a fundación de Resistencia Galega como herdeira do Exercito Guerrilheiro de Povo Galego Ceive.

Tanto Asunción Losada como Antón García atopábanse, segundo a Xustiza española, fuxidos desde 2006, cando a Audiencia Nacional ordenou por primeira vez a súa detención, pouco despois da fundación oficial de Resistencia Galega.

Previamente, Causa Galiza remitiu este domingo a GC unha mensaxe na que denunciaba a detención por parte da Garda Civil do militante independentista Miguel Garcia.

Rexistro na casa dun militante independentista ao que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado relacionan con Resistencia Galega
Rexistro na casa dun militante independentista ao que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado relacionan con Resistencia Galega | Fonte: Causa Galiza.

Na mensaxe, a formación independentista sinala que Garcia foi "detido em Vila Marim". Tamén indica que axentes da Garda Civil procederon ao rexistro da súa casa.

Causa Galiza tamén denuncia que non sabe onde foi trasladado o seu militante: "Desconhece-se o seu paradeiro e o regime juridico sob o que se encontra", din fontes desta formación.

En redes sociais, Causa Galiza tamén espallou a súa denuncia, onde comunicou que habería mobilizacións contra este arresto, que considera "umha nova montagem policial contra o independentismo organizado". As moblizacións están convocadas ás 20.30 horas deste luns en Vigo, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Burela e A Coruña.

"Estade atentas e atentos às convocatórias de mobilizaçom e solidariedade que se anunciarám nas próximas horas para contestar à detençom do independentista Miguel Garcia pola 'Guardia Civil' em Vila Marim no marco dumha nova montagem policial contra o independentismo organizado", din desde Causa Galiza.

A organización sitúa ademais esta operación nas "proximidades do Dia da Pátria", sobre o cal engade: "Som mais umha vez as datas elegidas pola "Guardia Civil' para montar um novo circo 'antiterrorista', criminalizar o independentismo organizado e estender um clima de excecionalidade policial, informativa e penal sobre a militáncia patriótica".

"Alertamos a todas as pessoas, coletivos e organizaçons sensíveis frente à repressom política sobre a hipótese dumha 'Operación Jaro III' que prorrogue e atualice o estado de exceçom seletivo que a 'Guardia Civil' impujo ao independentismo organizado", conclúe Causa Galiza.

Desde esta formación política tamén critican o papel dos "jornais ligados à extrema direita mediática", por "difundir nas últimas horas notícias relativas ao ''descabeçamento'' dumha suposta organizaçom armada". E enaden; "Advertimos da manipulaçom sistemática e as acusaçons infundadas que estes meios praticárom e praticam sistematicamente".

Contra os detidos existen nove acusuacións da Audiencia Nacional que inclúen pertenza a organización terrorista en grao de dirixentes, tenencia ilícita de armas, transporte de explosivos e falsidade documental.

SEN NOTICIAS DE TONINHO DESDE XULLO DE 2014

Desde o pasado 18 de xullo de 2014, cando se publicou un vídeo que gravara na clandestinidade no que avogaba por dar continuidade á "loita armada", non se volveron ter noticias de Toninho.

Por parte da Garda Civil están a instruírse as correspondentes dilixencias policiais baixo a dirección da Audiencia Nacional e en coordinación coa Fiscalía da Audiencia Nacional. Os detidos serán trasladados nas próximas horas a Madrid, quedando a disposición do devandito órgano xudicial.

Segundo datos do Instituto Armado, á organización terrorista Resistencia Galega atribúenselle máis de sesenta accións violentas, moitas delas realizadas con explosivos de fabricación propia. A última acción de Resistencia Galega foi a colocación dun artefacto explosivo no Concello de Baralla (Lugo) o 1 de outubro de 2014.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

6 Fogar de Breogán

Con tantos eólicos se don Feijâo se dera conta que poderio temos había poñerse máis firme cos spanholitos. Pouco lle queda de empobrecer ao povo.

5 Galeguiña

Segundo a nova deste xornal, no ano 2004 este "Toñito" sal nun vídeo dicindo que hai que continuar coa loita armada; polo que é doado deducir que antes desa data xa estaba este loitador das liberdades pegando tiros, poñendo bombas ou tentando facelo (sempre supostamente, claro). Se nese vídeo dí que hai que seguir a facelo, non sei a que ven tanta leria coa detención. Para tipos así, que promoven, alentan e participan da violencia política, o mellor que facer a sociedade e metelos na cadea moitos anos. O meu apoio e recoñecemento a Garda Civil e a Policía Nacional.

1 Vara de avelau

Tanto cárcere para os que matan coma para os que promoven o odio, sen escepcións. E para os que pretenden ocultar delitos, seus, de familiares alquimistas ou da "súa equipa politica" ainda peores... Meu deus, cantos problemas hai sen amanhar neste mundo.

4 Guinn

Fume, Resistencia Galega non existe. Criminalizar ó independentismo galego é vital para o Estado (Euskadi e Catalunya xa as dan por perdidas...). Agora van polo nacionalismo galego (o españolismo está desatado e é e síntese impune). Chegarán a identificar ós reintegracionistas, ecoloxistas, antitouradas, etc. como xente "perigosa" e punible. Ó tempo.

1 PCGR

Iso cólasllo a outro. Cando un mandril deixou en cadeira de rodas aun policía en BCN, tamén os afíns a Colau montaron un circo negacionista, que se estado montaxista e outras paridas. Despois se viu que de montaxe nada de nada porque matou a un tío por levar tirantes coa bandeira española. A ver se nos aclaramos, que non nacimos onte e di unha vella experiencia popular que "un comunista nunca dice la verdad. Un comunista es un tío más falso que un duro de madera y va por detrás". Ou sexa, que non cola. Detidos e moi ben detidos.

3 Sieiro

O meu apoio so independentismo galego.

2 Fora.

De ser independentistas galegos, escribirían en galego, non en portugués.

1 Pertom

Escrever galego é escrever português, e viceversa.

2 centrado

Nun mundo imaxinario pode ser.

3 Pertom

Num mundo imaginário e mais no real. Assi se diria em português o que vostede dixo: "De ser independentistas galegos, escreveriam em galego, não em português///Num mundo imaginário pode ser" Que sorpresa! Exatamente o mesmo com outra grafia, quitando a forma escrever por escribir. De feito, é tal o parecido que agora mesmo, desde este momento, eu estou a contestar de maneira que o que emprego pode ser galego RAG ou norma de Lisboa.

4 anonimo9203

Pues la última vez que fui a Portugal los portugueses preferían que mis amigos y yo les hablásemos en castellano. Pero nada, portugués y gallego son (casi) la misma cosa.

5 hartito

anonimo eso no te lo crees ni tu

6 Pois non

Hai tantas diferencias entre castelán e galego, como entre galego e portugués.

7 Pertom

Pois non, isso é um axioma absurdo que contradi todo o que dim os lingüistas ao respeito. Por que entom hai cátedras de filologia galego-portuguesa? E de galego-castelá nom hai, curisoamente... Anónimo, sem acritude, bem se ve que falas e te expressas habitualmente em castelám. Permite-me deducir que o teu galego estará bastante castelhanizado, fonética e pode que lexica e gramaticalmente, e entom seguramente fuches percibido como espanhol e nom te entendiam igual que a um galegofalante, se é que lhe falaches galego nalgum momento...

8 A ver home

Nosas avoas falaban galego-portugués, decátense de que galego vai antes... Nunca se valorou a riqueza que temos, e a gramatical é unha parte destas riquezas. Nunca valoramos aos nosos irmáns Portugueses, nin sequera agora que lles vai ben mellor ca nós. Cando era novo pensaba ben diferente, unha vez me ensinaron a sociolingüística do galego cambiei rápidamente de opinión... A liña normativa do galego debe cambiar, as crianzas non saben xa expresarse con ela. O natural sería volverse conservadores e retomar o curso do galego de fai anos, que parece que os conservadores de hoxe en día so conservan o malo, e non precisamente o de fai tempo. Que manía tedes os españois imperialistas, a ese paso vades quedar sós e a reverter en Madrid.