A Real Academia Galega afonda no mundo da lusofonía

Acorda co Instituto Camões celebrar en Galicia un encontro sobre galego e portugués.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega e o Camões Instituto da Cooperaçao e dá Língua de Portugal explorarán vías de colaboración conxuntas, entre as que figura a posibilidade de compartir en Galicia un encontro centrado na literatura galega e a lingua portuguesa.

Así o acordaron nunha reunión este xoves o presidente da Real Academia, Víctor F. Freixanes e o presidente do instituto portugués, Luís Faro Ramos.

No encontro, na que tamén participaron o secretario da RAC, Henrique Monteagudo e a coordinadora de ensino portugués do Instituto en España e Andora, Filipa Soares, lembrouse a relación histórica, cultura e literaria non só entre Portugal e Galicia senón tamén entre a propia RAG e o país veciño.

Desde a súa fundación en 1906, a RAG contou con máis de medio centenar de académicos correspondentes e de honra portugueses.

A reunión entre os representantes da Real Academia Galega e do Instituto Camões produciuse cadrando coa celebración no Consello da Cultura Galega do Foro Inés Castro, concibido como un encontro para concretar as relacións entre Galicia e Portugal no século XXI.

A Real Academia Galega e o Instituto Camões estudan celebrar en Galicia un encontro sobre galego e portugués. REAL ACADEMIA GALEGA - Arquivo
A Real Academia Galega e o Instituto Camões estudan celebrar en Galicia un encontro sobre galego e portugués. REAL ACADEMIA GALEGA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Albioni

O da RAG é rir por non chorar. Nen suben nen baixan pero enlean e confunden. Que fagan unha normativa achegada ó portugués e que deixen de castrapizar o galego (ou queren españolizar o portugués tamén?).

1 uu1

Desde logo é uma boa nova, que duas instituições de duas das variantes do nosso idioma reúnam-se, e de passo, até se consegue que a RAG volte as suas origens e aposte pela bi normativa. E se um galego não se entende com um lusitano, que levem a um português (da Gallaecia, é dizer, do Porto Cale romano, vamos, do norte de Portugal), ou que invitem a um brasileiro (que para isso a variedade brasileira aporta mais do 75% dos falantes do nosso idioma).