Os Anticapitalistas celebran a ruptura do grupo de En Marea porque "axuda" e "pon fin á confusión"

A corrente dentro de Podemos cren que "se dificultaba a consolidación de calquera proxecto rupturista e de cambio". Yolanda Díaz evita pronunciarse sobre a ruptura e asegura que "nunca" formou parte dese proceso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

A corrente de Anticapitalistas de Podemos Galicia entende que a ruptura do grupo de En Marea "axuda na clarificación política" e "pon fin a unha cerimonia da confusión que dificultaba a consolidación de calquera proxecto rupturista e de cambio".

Paula Quinteiro e Luís Villares, nunha foto de arquivo de En Marea.
Paula Quinteiro e Luís Villares, nunha foto de arquivo de En Marea.

Esta corrente, na que se integra a deputada Paula Quinteiro, atribúe "mentiras e falacias" ao comunicado emitido pola dirección de En Marea, así como "formas manipuladoras e sectarias" que "transformaron o proxecto que entre tanto se construíu ata facelo irrecoñecible".

Valora ademais que o proxecto "de confluencia segue sendo válido" e que "o que se acabou foi unha deturpación do mesmo". Por iso, aposta pola "reconstrución dun suxeito político de ruptura en Galicia, no que, a pesar de todo o pasado, a experiencia municipalista segue sendo unha referencia imprescindible". "Este camiño dotounos de experiencias suficientes para evitar repetir erros", advirte.

Para Anticapitalistas, "ese modelo de confluencia debe basearse na construción dunha ferramenta asentada nos debates horizontais e plurais, incorporando a todos os axentes que conforman o espazo rupturista galego".

Así, ven "un reto conseguir integrar no proxecto os movementos máis activos e vitais do momento, como o feminismo e o ecoloxismo". Por último, opinan que, "se hai novos camiños de recomposición, deberían basearse en alicerces imprescindibles como a deliberación e a decisión colectiva e a procura de verdadeiros consensos internos que respecten á súa vez os disensos, e a mestizaxe".

"Toca abrir camiños, aprendendo dos acertos e dos erros destes anos, sen atallos, pero sen pausa", conclúe o comunicado de prensa.

YOLANDA DÍAZ

Pola súa banda, a deputada ferrolá de Galicia En Común Yolanda Díaz evitou pronunciarse sobre a ruptura do grupo parlamentario de En Marea e sinalou que nin forma, nin formou parte desa agrupación. "Nunca formei parte dese proceso, por tanto, respecto absoluto ao grupo", afirmou Díaz.

En todo caso, a deputada apuntou que é momento de porse a traballar e "debuxar un futuro posible para gañar a Xunta de Galicia". "Isto é o que compete desde hoxe", subliñou.

Díaz sinalou que cun PP ao seu xuízo debilitado tras as eleccións xerais "agora si se pode, conxuntamente, derrotalo democraticamente".

Ademais, reiterou que non se pronuncia sobre as decisións de En Marea, pero insistiu en que hai "unha responsabilidade que é gañar a Xunta de Galicia".

Neste sentido, avogou por recompor forzas e mostrouse convencida de que as distintas sensibilidades da esquerda poden traballar de forma conxunta.

"Antes da creación dese partido instrumental xa traballamos conxuntamente e as mesmas forzas que estamos a traballar agora imos seguir facéndoo", considerou a deputada.

Para Díaz, a clave agora é elaborar un programa e configurar un proxecto co que ilusionar. "Hai que ilusionar a Galicia nesa folla de ruta e deixar as loitas internas", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 eusi

Mamaíña dos que nos libramos: ídevos e non volvades nunca mais!

5 bautista do unto

Paula Quinteiro anticapiitalista ? Vou escachar coa RISA ¡¡

4 Sentidiño

Os espazos de ruptura dos "anticapitalistas" están na rúa Pitelos, onde aparcan pola noite os obreiros que non teñen praza de garaxe. A ruptura consiste en escachar retrovisores de xente que non pode pagar seguros a todo risco. Paula e a súa panda de pijos estimulan a economía capitalista dos empresarios do desguace. Iso sí, como son moi txatxis celebran san Patricio con cervexa irlandesa de seis euros.

1 Susiño

Exacto. Preciso. Xusto. 26bM

3 No teacher, no religion

Os galegos somos xente traballadora e honesta e incluso un nacionalista e un peposo parécense moito máis que a un destes "antimirrors". Próxima estación: DESAPARICIÓN.

2 Crash

Soy un hombre muy honrado Que me gusta lo mejor Las mujeres no me faltan, ni el dinero, ni el amor Jineteando en mi caballo Por la sierra yo me voy Las estrellas y la luna, ellas me dicen donde voy Ay, ay, ay, ay Ay, ay mi amor Ay mi morena de mi corazón Me gusta tocar la guitarra Me gusta cantar el sol Mariachi me acompaña cuando canto mi canción Me gusta tomar mis copas Aguardiente es lo mejor También el tequila blanco con su sal le da sabor Ay, ay, ay, ay Ay, ay mi amor Ay mi morena de mi corazón Me gusta tocar la guitarra Me gusta cantar el sol El mariachi me acompaña cuando canto mi canción Me gusta tomar mis copas Aguardiente es lo mejor También el tequila blanco con su sal le da sabor Ay, ay, ay, ay Ay, ay mi amor Ay mi morena de mi corazón Ay, ay, ay, ay Ay, ay mi amor Ay mi morena de mi corazón