Villares e o seu grupo presentarán en xullo un novo proxecto nacionalista, progresista e republicano

Un dos problemas é o nome do futuro proxecto. A marca En Marea está queimada polas leas internas e os críticos non teñen intención de desprenderse dela no Parlamento. "Quedar ou facer algo con esa marca sería un suicidio", apuntan fontes consultadas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 25/06/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Villares e os tres deputados que marcharon con el ao Grupo Mixto, xunto coa actual dirección de En Marea, presentarán ao longo de xullo un novo proxecto político. O seu obxectivo é comezar en setembro o curso parlamentario na Cámara galega cunha nova organización e ideario programático que pivotará sobre o republicanismo, o feminismo, o ecoloxismo e o nacionalismo e que, a diferencia do actual Grupo Parlamentario de En Marea, non teña ataduras con forzas non galegas, nomeadamente, con Podemos e Izquierda Unida.

Luís Villares nun acto da pasada campaña electoral
Luís Villares nun acto da pasada campaña electoral | Fonte: Remitida

 

Precisamente, o ata hai uns días voceiro parlamentario de En Marea anunciaba que el os outros tres deputados; Davide Rodríguez, Paula Vázquez Verao e Pancho Casal, deixaban o Grupo Parlamentario  pola súa “submisión” a Podemos e tamén para poder desenvolver unha estratexia política “soberana” e “sometida aos ditados dos militantes” e non doutras forzas políticas.

 

“Queremos lanzar un proxecto renovado, que recupere a ilusión perdida durante estes anos polas leas internas e que sexa unha das voces plurais da esperanza”, dicía o pasado xoves Villares. Por iso, ese novo proxecto que ultiman para o vindeiro mes de xullo --e podería coincidir co Día da Patria Galega-- pasa polo “recoñecento da pluralidade da sociedade galega” e por integrar á “parte desa cidadanía galega que di ser progresista”.

Luís Villares e membros de En Marea
Luís Villares e membros de En Marea | Fonte: EP

 

REPUBLICANISMO E SOBERANISMO

 

Segundo a documentación consultada por Galicia Confidencial, o novo ideario político do nucleo de dirección de En Marea quere representar unha “coralidade republicana e progresista ampla” que teña no feminismo, o ecoloxismo, a xustiza social, a lgualdade e a liberdade as súas principais bases e estea apoiada nos movementos sociais e a sociedade civil de Galicia.

 

Ademais, terá como fin principal, a defensa dos intereses de Galicia. “Sentímonos galegas e galegos de razón, de corazón e de nación. E compartimos ese sentimento con toda a xente que vive e quere facer a súa vida en Galicia ou para quen sen vivir aquí, Galicia forma parte da súa vida. Unha idea que teña un correlativo político: Un soberanismo democrático onde a cidadanía galega sexa o espazo de decisión”, recolle.

 

Tamén pretende manter un “compromiso democrático inquebrantable”, informando e aprobando cos seus militantes e inscritos das decisións políticas que lles afectan.  “Unha actitude política amable, baseada nos coidados. Estamos en política para propoñer solucións e mellorar a calidade de vida da xente”. 

 

Precisamente, Villares destacaba o día da ruptura co seu grupo parlamentario que “cando alguén vén cunha solución, vén cun sorriso”. “E aquí está esta nova marea, que con humildade pero con determinación, abre un novo ciclo institucional cun sorriso á democracia social no noso País”.

 

A MARCA

 

Unha “nova marea” que, curiosamente, está orfa de nome porque a marca En Marea, ademais de estar queimada polas leas institucionais, está nun limbo legal. Segundo as fontes consultada a dirección da formación, afin a Villares, conserva o rexistro da marca, pero non o control do grupo parlamentario, co cal, hai un proceso de “bicefalia” que “entorpece e mancha calquera acción que se faga baixo o nome de En Marea”. "Quedar ou facer algo con esa marca sería un suicidio", apuntan fontes consultadas.

 

Por iso, Villares pedía o pasado venres aos críticos que quedaron coa marca na Cámara que a deixaran e adoptaran outro nome. Unha opción que, por agora, non está entre as prioridades de Podemos, EU e Anova que agardan esgotar a lexislatura con esa marca parlamentaria, aínda que poderían presentarse nas autonómicas con En Común, o nome que levaron xa nas xerais e nalgúns concellos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

12 Reboiro

O BNG é penicilina, vós sodes homeopatía.

11 SON

Pois a min pareceme moi ben a proposta e opino que se debería resgatar o nome do histórico Partido Galeguista de Castelao se o "Chesqui" este o permite... e por suposto debería haber un proceso de alianzas co BNG e outros da cara ás elecións de ámbito español ou europeo.

10 dalle

nada de frente judaico popular.... ollo... fronte xudaica popular que ven sendo o mesmo pero non é igual... Concordo con todo salvo algunha cousa.... Para elo deberiamos facer unha Comisión de Sistematización ... por aquelo de que a xentiña saiba a quén botar.... si si con b... Agora entendo porqué Feijoo se parta la cacha ...

9 De Galicia

Bloqueiros rebotados V parte.(Queremos ser como Pontona, ou sexa vivir do conto todala vida)

1 Xanc

Bloqueiros, Pontona,... Unha boa maneira de empezar a tender pontes. Vaia País! Claro está que preferides pactar cos da Complutense, Errejón, Monedero...

2 sermos mantidos

Xanc, sospeito que erras. Os polemistas oficiais de GC son doutra natureza. De Galicia é máis española que galega, como La Voz ou La Estrella... Nunca falará de vividores como Ángeles Vázquez, Susana Abella, Nava Castro, Rodríguez Miranda, Pepiño Blanco, Marta Rivera... E, si, Ana Pontón ou Paco Jorquera, con todos os respeitos, son tamén vividores do conto. Logo, no fondo, De Galicia coincide contigo en ter atrofiada parcialmente a sensibilidade no lado que non lle toca ao peto propio ou dos seus.

3 Desfeita

De Galicia, "todala"? En que lingua falas ti? E Xanc, tender pontes? Quen criches que representa Xanc? Cómpreche traballar esa capacidade lectora...

8 unmais

Outra vaca mais no millo, xa habia poucas e unha mais, en fin se cadra acuden as autonomicas, pero como non van sacar nada, a maioria iran para casa e outros acabaran no Bloque ou en Compromiso, o peor e que poden sacar un 10 mil votos, ainda que non lle dean deputados se cadra basta para que o PP continue a gobernar