A Xunta admite que utiliza herbicidas para conservar as beiras das estradas

Di que leva a cabo actuacións de control da vexetación nas marxes das estradas para manter a funcionalidade da rede e garantir a seguridade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/07/2019 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, destacou no Parlamento que a Xunta utiliza herbicidas para conservar as beiras das estradas pero indicou que avalía a viabilidade de adoptar medidas alternativas ao control de vexetación co obxectivo prioritario de "garantir a seguridade viaria".

Estrada fumigada con herbicida
Estrada fumigada con herbicida | Fonte: GC

Nunha intervención da que informou a Consellería de Infraestruturas a través dun comunicado, Menéndez explicou que a posible adopción destas accións alternativas á aplicación de herbicidas permitirán unha progresiva redución do uso destes produtos.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas lembrou que o seu departamento, como órgano encargado do mantemento das vías autonómicas, leva a cabo actuacións de control da vexetación nas marxes das estradas para manter a funcionalidade da rede e garantir a seguridade.

Nestes obxectivos, indicou, enmárcanse as campañas de control da vexetación que periodicamente levan a cabo nas estradas autonómicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta