Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2019 | Actualizada ás 19:37
A Rapa das Bestas de Sabucedo, no municipio da Estrada, vive este domingo o seu día grande, nunha tradicional celebración que aspira a ser declarada ben de interese cultural inmaterial.
O presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Henrique Bazal, destacou que este evento é unha "icona importante de Galicia" e manifestou o compromiso da entidade que preside en traballar para "que sexa unha celebración máis acorde cos tempos actuais".
Esta Festa de Interese Turístico Internacional, arrincou o día cinco e durará ata este luns, 8 de xullo. Hai acreditados xornalistas dunha decena de países como Estados Unidos, Arxentina, Rusia ou Alemaña.
O curro deste domingo ten lugar ao mediodía --o luns haberá outro tamén ás 12,00 horas, de carácter solidario para o Banco de Alimentos--. Este ano a organización espera reunir 350 bestas para os curros onde os 'aloitadores' demostran a súa mestría corpo a corpo cos cabalos.
As festas tamén inclúen unha ampla axenda de actos culturais e de lecer para todos os públicos. Este domingo haberá actuacións de artistas como Rosa Cedrón, De Vacas ou Festicultores, entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.