As bibliotecas públicas de Ourense inician este luns as actividades do programa autonómico 'Ler conta moito'

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2019 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

As bibliotecas públicas municipais de San Francisco, A Carballeira e A Ponte inician este luns as actividades do programa autonómico 'Medra con libros, ler conta moito'. Trátase dunha das iniciativas dirixidas á dinamización da lectura entre os nenos a través de contacontos, teatro e concertos en pequeno formato.

Así, segundo destacou o Concello de Ourense nun comunicado, o programa desenvolverase entre xullo e setembro e é gratuíto ata completar aforamento.

Este luns, arrincará na biblioteca da Carballeira ás 11,30 horas a actividade 'Unha árbore vén vernos, de Carballo con botas', recomendada para nenos entre o catro e o once anos, que tratará a problemática dos incendios e incluirá un taller de reciclaxe de papel.

Pola súa banda, á mesma hora na biblioteca da Ponte levará a cabo 'Nimbo, o Argonauta', para rapaces de entre sete e once anos.

A lectura estimula os sentidos
A lectura estimula os sentidos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta