Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/07/2019 | Actualizada ás 21:00
A imaxe da monarquía española está cada vez máis deteriorada. Aos escándalos protagonizados polo rei Juan Carlos I e o caso de corrupción do seu xenro Iñaki Urdangarín, nos últimos anos, súmanse agora as críticas a Felipe VI pola súa postura non dialogante no proceso catalán, a herdanza franquista da Coroa española e as cada vez máis expresións populares contra a monarquía nas rúas e foros políticos.
Unha recente enquisa realizada por IMOP Insights para Vanitatis con motivo do quinto aniversario do reinado de Felipe VI sinala que apenas a metade dos españois (50,8 %) apoia a monarquía, a escasa distancia dos que prefieren a república como modelo de Estado (46,1%). Unha diferenza escasa que pende dun fío dos ndecisos (3,1 %).
En GC preguntamos pola preferencia dos nosos lectores entre continuar no Estado español cunha monarquía como a actual ou o cambio a unha Xefatura de Estado en forma de república.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.