A Praza 8 de Marzo iluminarase de lila durante o Apóstolo para mostrar o "compromiso" de Santiago coa igualdade

Tamén haberá un concerto con voces femininas e instalarase un novo punto de prevención de violencias machistas na Praza do Toural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2019 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A Praza 8 de Marzo iluminarase de lila durante as festas do Apóstolo co fin de mostrar o "compromiso" de Santiago de Compostela coa igualdade. En rolda de prensa, os concelleiros de Turismo, Gumersindo Guinarte, e de Igualdade, Noa Díaz, informaron de diferentes medidas en favor da igualdade que se van a levar a cabo durante unhas "datas de máxima afluencia", entre os que se inclúen un concerto só con artistas femininas e un punto lila de información contra as violencias machistas.

Así, a Praza 8 de Marzo permanecerá iluminada do 19 ao 31 de xullo, desde as 21,00 ás 3,00 horas da madrugada. A cor lila tinguirá as árbores, mentres haberá luces amarelas no arco de Entrerrúas e en diferentes farois como símbolo do Camiño de Santiago. Ademais, proxectarase no chan da zona central da praza o símbolo do obxectivo de igualdade da axenda 2030 das Nacións Unidas. Tamén haberá un concerto gratuíto o 29 de xullo, a partir das 21,00 horas, na Praza 8 de Marzo coas actuacións de Lúa Mosqueteira, DJ Russinha e Papaya.

PUNTO LILA DE INFORMACIÓN

Pola súa banda, na Praza do Toural instalarase un punto lila de información e prevención sobre violencias sexuais, que estará aberto do 20 a 31 de xullo, entre as 12,00 e 13,30 horas, así como de 21,00 a 1,30 horas da madrugada. A súa coordinación corre a cargo de seis psicólogas especialistas co apoio de persoal de Turismo. Esta acción faise co apoio da Xunta na campaña 'AgresiónOFF'.

É a terceira vez que se pon este punto nunhas festas en Compostela. Nesta ocasión inclúe a novidade de que será unha caseta máis reducida e usarase unha das realizadas nun taller de emprego en 2013.

Gumersindo Guinarte e Noa Díaz
Gumersindo Guinarte e Noa Díaz | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta