O BNG pide "encher as rúas" o 25 de xullo para demostrar que "hai outra Galicia posible"

Ana Pontón critica que Galicia "está desaparecida" no proceso de investidura de Pedro Sánchez: "As solucións aos problemas non van vir de Madrid", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2019 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu este sábado "encher as rúas" o próximo 25 de xullo, Día de Galicia, para que a mobilización se converta nunha demostración de que "hai unha maioría social que quere cambio e quere construír esoutra Galicia posible".

Manifestación do BNG do 25 de xullo de 2017
Manifestación do BNG do 25 de xullo de 2017 | Fonte: Europa Press

"Hai outra Galicia posible que non quere ver como a xente nova emigra, que quere sanidade pública, que quere pensións dignas. Esa é a que podemos construír desde o nacionalismo", declarou Pontón.

Nunha homenaxe ao histórico militante nacionalista Xesús Cordeiro, Menfis, este sábado na localidade pontevedresa de Lalín, a líder do Bloque animou á cidadanía a saír á rúa o vindeiro xoves para "reivindicar esoutra Galicia e empezar a construír con forza a alternativa que a pode facer posible, o BNG".

Neste sentido, Ana Pontón recalcou que as solucións "non van vir desde Madrid", e puxo como exemplo estas semanas de debate de investidura no que Galicia "estivo desaparecida".

"Nin unha soa forza política estatal, nin un só deputado lle propuxo ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, que o seu apoio á súa investidura se vinculaba a compromisos para solucionar problemas urxentes dos galegos. É o mellor retrato de que ou está o Bloque, ou ninguén pon por diante os intereses de Galicia", lamentou a portavoz nacionalista.

Baixo a lema 'Galiza, un novo impulso', o BNG organizará un cento de actos para conmemorar unha data emblemática para o nacionalismo galego, unha serie de accións que culminará coa tradicional manifestación do 25 de xullo en Santiago de Compostela.

Por iso insistiu en que o Día da Patria é unha xornada de celebración, de reivindicación e de manifestar orgullo "de ser quen somos, de ter lingua propia, de formar parte dun pobo solidario e traballador", polo que insistiu na necesidade de saír á rúa "a defender que hai outra Galicia posible".

Entre actuacións musicais e a simbólica plantación dunha árbore, no acto homenaxe ao que fora portavoz municipal do BNG no Concello de Lalín participaron, ademais, a súa filla, o actual concelleiro Francisco Vilariño, así como familiares, amigos e militantes nacionalistas.

Sobre Menfis, Pontón destacou a súa "entrega e compromiso", porque, segundo ela, "foi unha desas persoas que sempre tivo a Galicia na cabeza e no corazón". A dirixente do Bloque puxo en valor o "traballo político desde a humildade pero desde a firmeza" desenvolvido por Xesús Cordeiro ao longo da súa vida "para conseguir un futuro mellor para Galicia e para a cidadanía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

8 Guisandiás

Se falanos de Galiza falamos do BNG. Se falanos de Galicia xa está a Voz e a rtvg. Amolalles ós unionistas hispañiscañís ver tanto patriota galego xunto? Pois bótenlle zucre (e vaian á misa do matamoros ise día...)

7 nostrus

El que el bloque trate de apropiarse del dia de Galicia supone el riesgo de convertirla en una especie de Diada en la que solo acudiran ellos. Deberian tener un poco de consideracion y dedicar otro dia del año para sus aquelarres y ceremonias espirituales, habida cuenta de que el nacionalismo es un estado de enajenacion mental que produce alucinaciones y mania persecutoria, diarrea mental, se inventa enemigos y produce desubicaciones en el espacio y el tiempo. Mala señal para Galicia que el bloque intente apropiarse del dia de todos para ellos solos y lo utilicen para rezarle a sus dioses en nombre de todos los gallegos. Bloque NO.

1 Kunkeiro

O nacionalismo galego começou a celebrar este dia tal e como fai na atualidade em Santiago hai já mais de 50 anos, quando os que logo se figerom autonomistas ainda andavam perseguindo galeguistas. E nom era umha broma organizar manifestaçons e erguer bandeiras contrárias a um régime que daquela seguia encarcerando e matando. As manifestaçons nom eram precissamente excursons de recreo. Desconheço a idade que tem, e polo tanto nom sei onde andaria vostede daquela, pero sospeito que se tivesse a oportunidade nom ia estar festexando esse dia de Galiza que agora reclama. Quem queira ir, que vaia ou organice outro ato, seja do BNG ou nom. Quem nom, que polo menos nom seja hipócrita.

6 Gounetán

O cartaz deste ano é francamente mellorable: ónde están o Eonavia, o Berzo e a Seabra (a Galiza irredenta mencionada no estatuto non conta no BNG?). E outra cousiña: en galego dise pulo, non impulso. Do uso da ortografía RAG-ILG falamos outro día... Estes son o partido nacionalista galego "maioritario"? Semellan máis á homeopatía galeguista. República galega? Autodeterminación? Presos políticos galegos? O BNG ten que "nacionalizarse" galego urxentemente.

1 nostrus

República galega?, pois deberias dicirme onde estan os orixes desa republica e a sua traxecoria, pero sinxelamente vese que só é unha das alucinacions dos naciotas que dia a dia atascanse coa cultura e tradicions e de súpeto sorprendennos cunha nova incoherencia. Autodeterminacion? a autodeterminacion é lexítima para o individuo, para que faga da sua vida o que lle dea a gana, pero non existe para que unhos cantos individuos se apropien do que é de todos sin consentimento dos demais. Presos politicos galegos? esta condicion sufrirona personas no pasado, pero non no presente.

2 Kunkeiro

Onde estavam as origens dos Estados Unidos quando se independizarom? Di vostede que os nacionalistas se atascam na cultura e nas tradiçons e é vostede quem nom parece concibir que se reclame um estado novo se nom encaixa cum modelo do passado. Anda que...

3 Sentidiño

En galego dise pulo e dise impulso, como se di espallar e esparexer. En canto ás orixes e traxectoria da república de nostrus: a diferenza entre progresismo e reacción consiste precisamente niso; se só se pode cambiar volvendo ao pasado, cómo se avanza? Todas as repúblicas modernas foron antes monarquías.

5 Xanc

Moito criticar ao BNG pero... alguén me pode dicir cales e onde son os actos para o Día da Patria Galega do partido-matrioska Galicia en común-Marea-Podemos-Izquierda Unida-Equo-...??

1 Frecha

Pregúntelle aos seus compas da comisaría, señor axente.

4 Sentidiño

Esta semana é a do subidón, e be logo virá a baixona. Levamos así case que corenta anos. Galiza ten que estar do 26 de xullo en diante. O día 25 só é unha romaría.

1 Gamela

Aí falaches ! 40 anos de romaría na praza da Quintana e logo a pactar co PSOE !!!