Artigos de Xurxo Ayán

O berro, de Man

En Cerasia, a señora Lola do Varela tiña metade da familia en Cuba, pero nunca vira o mar. Un serán, pouco antes de morrer, preguntoulle a unha veciña que estivera en Barcelona como era o mar. A rapaza, que non era Rosalía de Castro pero case, contestoulle: “O mar éche como a Chá de Ribas, inzada de centeo, pero tinguida do azul do ceo”. A moza empregara a mesma metáfora que utilizaba o Binino do Izquierdo para explicar a masacre de Badaxoz: a Chá de Ribas inzada de cadavres e tinguida do vermello do sangue.

A Recoleta

Boliga a xentiña do común na entrada ao mercado de Alacant. Un sudamericano acompaña un xubilado indíxena. Ambos os dous, parados nun intre eterno, semellan unha destas estatuas metálicas tan de moda nas capitais de provincia españolas. O vello cóntalle ao seu asistente como fóra o criminal bombardeo italiano o 25 de maio de 1938, que deixou alí 311 mortos civís. O feixismo iniciou daquela unha prática que despois trunfaría, dende a invasión alemá de Polonia até o sitio de Saraxevo nos 90. Ese mesmo feixismo, neste caso o falanxista, foi o artífice de parte do ensanche entre o mercado e o outeiro fortificado do Tossal.

O pasado é impredecible

A feira Funergal, de productos e servizos funerarios, en Ourense estaba ateigada de xente. Xa se sabe, a estes eventos acode tanto a parroquia de vivos como a de mortos.

A crueldade inútil

O sábado 10 participamos en Teo na Homenaxe ás vítimas do franquismo, actividade organizada pola Asociación Irmáns Liste Forján. A nosa intervención na sesión Instrumentos de represión tomou prestado o título dun libro de memorias escrito por Xerardo Díaz Fernández, republicano que estivo os anos da guerra na cadea de Compostela e no cárcere de A Coruña. A crueldade inútil foi publicado nos anos 80 na serie Documentos de Edicións do Castro, o verdadeiro disco duro da memoria colectiva do noso país.

O arquivo bomba

Aínda hai pouco unha persoa preguntáballe en campaña a Feijoo que ía facer -se repetía goberno- coa investigación: “Nós investiremos en innovación” foi a lacónica resposta; cando o interlocutor recunca dicindo que non hai innovación sen investigación, Feijoo contraataca: “si, si, potenciaremos investigar en cousas de utilidade como a loita contra o cancro, e non en cousas que non lle interesan a ninguén como iso da memoria histórica”. Cousas dos bos e xenerosos.

Chiquito de La Mezquita

Ya me lo dijo el vicario cuidado con tu hijo Mario tiene una fea manía la de subirse allá arriba. No estudia ni trabaja y de allí nunca se baja y yo siempre me cabreo casi siempre que lo veo.

O turco de Castelán

No meu barrio de Cerasia compartimos solpores estivais un raparigo do Sáhara, un operario agrario pakistaní, unha rapaza filipina coa súa meniña e unha señora colombiana casada cun galego emigrado a Caracas.

O’ Pirata

Simón achégase á escavación arqueolóxica de Torre dos Mouros, en Lira, Carnota, acompañado de seu pai, amador e amante do Patrimonio Cultural deste país noso. Simón quere ser arqueólogo, e cunha mistura de timidez, curiosidade e sabedoría pregunta polos cadrados marcados no chao, co gallo de coñecer a metodoloxía do traballo arqueolóxico.