Armenios, italianos, peruanos, galegos, rusos, franceses, turcos, chineses, ingleses, alemáns… chegan a Bos Aires e non se senten alleos, a xente non os mira como estraños. Si buscan un pouco poden atopar a alguén con pinta de ser o seu primo dicindo: “Che, me voy a laburar, ¿sabés si pasa por acá el colectivo 42?”. Esta sensación que viven os turistas, única entre as grandes metrópoles, é un dos maiores atractivos da cidade porteña.