O debate sobre as listas de espera non só está adulterado pola ocultación do número de pacientes en espera de atención, tamén está manipulado pola forma en que se ordena a información e polos rateos que se empregan como expresión dunha boa ou mala xestión. A utilización, pola normativa estatal sobre información das listas de espera, dos tempos medios de espera (TME) como magnitude estatística de eficacia resulta claramente inadecuada cando falamos de persoas enfermas cuxa situación non pode nin debe ser ocultada detrás de valores agregados.