Artigos de Manuel H. Iglesias

Cousas de rapaces

A verdade é que o asunto da política anda moi revolto a todos os niveis. Os novos xefes partidarios, ás veces, parecen rapaces que soamente aspiran a chegar ó poder a costa do que sexa. Uns, queren gobernar sen proxecto nin programa coñecido e confórmanse con sentarse na poltrona para dirixir algo, aínda que saiban que os seus votos non chegan pra tal obxectivo. Outros, aínda que sabedores do seu pouco apoio, queren facer valer o seu programa total.

Europeos a medias

Nesta España, onde irrumpiron novos líderes políticos, vivimos uns tempos nos que o razonamento e a coherencia entre o que se di e o que se fai escasea ou, mellor dito, non existe. Son dirixentes moi europeos para algunhas cousas, mais noutras actuan como se fóran terceiro mundistas.

Novo tempo no concello e na provincia

A pesares da gran incoherencia, ou se o prefiren do pacto entre antagónicos rivais ata agora, tanto na cidade como na provincia ábrese un tempo político novo. Un xornalista dicíame antes de elexir ó rexidor da cidade: si Jacome chega á alcaldía imos ter moitos e bos titulares de prensa. Polo que o asunto da gobernanza estará moi animado tanto na cidade como na provincia.

Incertidume política

Cando se achega o día pra constituirense as corporacións locais, na cidade das burgas os acordos para conformar unha maioría e nomear alcalde seguen na máis absoluta escuridade. As conversas que, segundo comentan, existen entre os distintos grupos, e nas que máis que falaren de programas, seica falan do reparto de poder, o que se entende como unha subasta de cromos, seica siguen a dúas bandas. Ti para eiquí e eu para alá e todos contentos.

Tempo de pactos

Despois de dixerir os resultados das municipais chega o tempo dos pactos. Os concellos precisan unha maioría que os goberne para seguir afrontando os problemas díarios da veciñanza. Desta maneira, pasada a resaca e de asumir o novo rol que cada forza política ten, hai que elexir ó alcalde.

Cada moucho no seu souto

Cada día que pasa a política española, no referio a Cataluña, é un claro exemplo do que podemos chamar un esperpento valleinclanesco. E digo isto pois, nesta nosa democracia de claro escuros, que uns deputados electos teñan que ir a tomar posesión do seu escano pouco menos que coas esposas postas, é un indicativo de que algo funciona mal. Polo que neste Estado o que debera solucionarse no ámeto da política, anda a buscar arranxo no eido dos tribunais e iso non augura nada bo.

Tempo de promesas

Estamos en tempo de promesas e todos os aspirantes a entrar nos diversos concellos, falan e anuncian centos de obras e actividades de todo tipo que farán que a nosa vida sexa mellor.

Cando perder non é derrota

A analise dos resultados electoriais no mundo do nacionalismo galego, segundo os seus dirixentes, no precisa de autocrítica. Os resultados foron bos, e ainda que non hai representación, mellorouse a porcentaxe de votos, polo que, nas vindeiras eleccióms, chegaremos a ter algún deputado.