Pero os os seus votos tampouco chegan pra esa maioria que se precisa. E os terceiros presentándose como renovadores da vida política agochan a faciana e non lle fan ascos os votos dos que falan de reconquista e de voltar ás formas e modos do pasado franquista. Con todo, o certo é que, uns e outros, fannos camiñar entre a incerteza e o desacougo, pois non se sabe como rematará o asunto.
O espectáculo negativo que se esta a dar nalgunha comunidades autónomas cos pactos a dous, pero que precisan os votos doutro, crea na sociedade unha imaxe negativa da política e desacredita as institucións democráticas. O matrimonio ou acordo, medio segredo, entre dous, pero que precisa os votos dos ultras, ven a ser algo semellante a ter unha querida agochada para, logo dar unha imaxe distinta na rúa e aparentar cara fora o que non se é. Nós, non pactamos cos neofranquistas; nós somos liberais din.
A ética e a coherencia na política perdeuse e, alomenos neste tempo que nos tocou vivir, ningén da un peso por ela. Atopámonos nunhas datas nas que ninguén se avergoña de dicir que, pra conquerir tal ou cual obxectivo, pacta co demo. Iso dixoo o noso alcalde. Estamos, polo tanto, no tempo onde hoxe digoche que eres un inepto, un cacique e un corrupto e maña somos como uña e carne. Cousas veredes. Polo tanto estamos no tempo do maquiavelismo sen complexos. O fin xustifica os medios. E está ben non ter complexos pero, onde quedou a ética e a palabra dada?
Ben sei que na acción política o pacto é necesario. Mais tamén sei que hai certas liñas roxas que non deben pasarse. Mais as cousas son como son. E non como as pintan ou quixeramos que foran. Hai uns anos unha voz tenebrosa saía por unha tele local tendo de fondo a casa do noso concello. E dicia: En esta casa te están robando... E aquil mensaxe calou nun sector da poboación e chegou o que chegou: non son de dereitas nin de esquerdas, son da miña comenencia.
Sementar discordia sempre foi moi sinxelo. Mais devolverlle as institucións o creto e traballar polo común é moito máis complexo.
Hoxe atravesamos un tempo no que os pricipios pasaron a ser un ornamento. Unha falacia que se emprega cando convén. E cando non, agóchase como se fose unha vergoña. Inxenuos fomos os que pensamos que ó chegar a democracia iamos ser máis cultos, ter máis principios e practicar a ética na nosa vida e por extensión na política. Esperemos que axiña pase iste andazo, e os nosos gobernantes deixen de actuar como rapaces xugando cos nosos votos.