Tempo de pactos

Despois de dixerir os resultados das municipais chega o tempo dos pactos. Os concellos precisan unha maioría que os goberne para seguir afrontando os problemas díarios da veciñanza. Desta maneira, pasada a resaca e de asumir o novo rol que cada forza política ten, hai que elexir ó alcalde.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 28/05/2019

Comparte esta noticia
Con todo, despois de ler os resultados nesta nosa terra, hai unha serie de cuestións que penso son merecentes de mención. A primeira é que as augas volveron ó  seu rego, e  os  experimentos como o das mareas perderon espazo. Outra é que  a división da chanmada esquerda  con tantas marcas e candidaturas  somente axudou a debilitar gobernos que precisaban consolidación e agora pasan a maus socialistas. Ou sexa, a división nas  mareas soamente trouxo elementos negativos que o electorado castiogou por mor das liortas internas; polo que  algunhas destas formacións  pasarán  a seren a lembranza  dun experimento fracasado.
 
A segunda é que os socialistas gañan espazo electoral e alcaldías e, os populares recuán e perden áreas de goberno, aínda que, por mor de posibles pactos nos que se inclúe a extrema dereita,  minimalizan a derrota. A terceira é que, os de cor laranxa, ou sexa cidadáns, non pasan de seren un partido testimonial en Galicia. E por último, outro elemento moi positivo, é que os ultras de Vox non  teñen espazo na nosa terra. 
 
Xa no eido nacionalista galego, hai unha leve recuperación do Bloque. Pero non nos enganemos, a recuperación,  de non ser en poboacións concretas, non pasa de ser testimonial polo que o eido nacionalista ten poucas posibilidades de medrar moito máis, e seguirá sendo en moitos lugares pura resistencia e, no mellor dos casos, unha muleta dos socialistas.
 
Xa na cidade das burgas,  soamente hai tres posibilidades para que se resolva o tema da elección do rexidor. A primeira é que Democracia Ourensana pacte cos populares, a cambio de que o alcalde Jesús Vázquez se aparte e renuncie a súa acta. A segunda  que Jácome pactara cos socialistas custión bastante improbabel; e a terceira é que os socialistas accedan á alcaldía por seren a lista máis votada para tentar gobernar en minoría. Iso sí,  buscando acordos nos temas máis importantes que ten o concello como o PXOM, presupostos e outros.
Estas serían as opcións que realmente poden acontecer. Con todo, o que parece moi clariño é que a época de Vazquez chegou o seu fin. Iste alcalde  deixa tras de si un concello onde o desleixo campa abertamente e todo camiñaba á dereiva sen proxecto nin rumbo.
 
Polo tanto, atrás quedan catro anos perdidos, catro anos onde todos os problemas foron pospostos e onde  non houbo nada positivo que presentar. E dende esa optica esperemos que o goberno que veña sexa mellor que o que  houbo. Por último, queda o tema da Deputación provincial onde a ausencia de maioría pon en perigo a continuidade de Baltar. Con todo,  cómpre non esquecer que o escano irá para cidadáns e ninguén descarta que pode ser un aliado ou tapado do actual presidente.
 
En fin, falaron os cidadáns e estamos en tempo de pactos e todo pode acontecer.

Jesús Vázquez e José Manuel Baltar
Jesús Vázquez e José Manuel Baltar | Fonte: Youtube
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com