Cando perder non é derrota

A analise dos resultados electoriais no mundo do nacionalismo galego, segundo os seus dirixentes, no precisa de autocrítica. Os resultados foron bos, e ainda que non hai representación, mellorouse a porcentaxe de votos, polo que, nas vindeiras eleccióms, chegaremos a ter algún deputado.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 08/05/2019

Comparte esta noticia
Con todo, é posibel que ate que pasen as municipais,  os seus dirixentes non se decaten da gravedade de non termos representación  nas cortes xerais. A Galicia que quere redimirse e xogar con certo peso na política española, volveu quedar na irrelevancia e nin estamos nin se nos espera. Os tempos da   chamada Galeusca non voverán a repetirse. Máis cando hai forzas que  ameazan a nosa autonomía, nós seguimos sen reacción e seguimos falando de utopías  para calmar o noso ego. E ate parece que culpamos á xente por non nos votar.
Vivimos dentro da nosa pobre endogamia que tamén se pode chamar minifundismo partidario.  Discutimos e teimamos uns contra os outros e, a medida que pasa o tempo, perdemos peso onde se deciden os grandes asuntos.  Máis os dirixentes siguen a falar de que melloramos.
Nestes últimos tempos Galicia perdeu  espazos de identidade empresarial, peso na  economía do Estado e a  esta terra veñen pescar ate os que falan de limitar, cando non liquidar, a escasa autonomía que temos. Pola contra, os  que deberan ser uns  dirixentes pensadores e racionais siguén a falar de que melloramos e debuxan as derrotas como se fosen  vitorias.
 Anos atrás houbo  unha ferramenta política que empezaba a ter utilidade, mais viñeron os apóstolos da pureza de sangue a limpala  pra que non se contaminara. E voltamos ó punto de partida, ou sexa: retrocedemos.  Pero non perdemos, se non que melloramos. O mundo ó revés.
 
E mentres o pais cae a cachos nós cantamos cantigas e lanzanmos berros: Galiza Ceibe poder popular e outros. E non nos decatamos de que en Galiza case sempre gobernaron os populares. Ise si que é o poder popular. 
 
Con todo, a xente  canta, traballa, sofre e  baila e nós seguimos sen sermos capaces de ofrecerlle unha proposta política unitaria que fuxa das utopias, dos comites centrais, dos cantos da internacional, e de proclamas valeiras como a do dereito a decidir. E non somos racionais pra centrarnos no que precisamos de maneira urxente. Ampliar o autogoberno que temos.  
 
En fin, cando se proclama que  perder non é derrota, ven a ser tanto como vivir dento dunha xanela pechada á realidade e o sentir de milleiros de  galegos. Cidadáns  que esperan que no mundo do nacionalismo e do galeguismo se deixen atavismos valeiros de contido. E  fuxindo  de estructuras partidarias, ideas fracasadas, e corsés que impiden a apertura,   se traballe polos problemas reais da xente.
 
O  demais e vivir na permanente utopía  entretendo ós convencidos, mentres uns cantos viven do oficio da política e frean a evolución organizativa, pra seguiren sempre anclados no resistencialismo. 
 

Ana Pontón, tras coñecer os resultados das eleccións xerais de 2019
Ana Pontón, tras coñecer os resultados das eleccións xerais de 2019 | Fonte: BNG.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com