Novo tempo no concello e na provincia

A pesares da gran incoherencia, ou se o prefiren do pacto entre antagónicos rivais ata agora, tanto na cidade como na provincia ábrese un tempo político novo. Un xornalista dicíame antes de elexir ó rexidor da cidade: si Jacome chega á alcaldía imos ter moitos e bos titulares de prensa. Polo que o asunto da gobernanza estará moi animado tanto na cidade como na provincia.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 21/06/2019

Comparte esta noticia
Pois ben, esquecéndonos da ética e do proido que dá o acordo  de comenencia ó que chegaron os populares coa peculiar  Democracia Ourensá, dúas cousas quedan moi claras tanto no concello como no resto da provincia.
 
A primeira é que o poder provincial escacha e perde, elección tras  elección, marxe para gobernar a antoxo persoal, como foi ate agora,  do presidente. Os  populares van  cedendo espazo e perdendo alcaldías importantes como Celanova e outras. Polo que o poder de Baltar vaise  estreitando e reducindo,  co que  lle é máis dificil seguir  campando como un birrei neste Ourense, provincia  que cada día pinta menos na política  a nivel galego.  
 
A segunda cuestión é a gobernanza do concello das burgas. Neste caso, cumplido o desexo de ser alcalde a toda costa e a calquer prezo, o Sr. Jácome e os seus teñen que compartir poder. E compartir poder non é predicar e soltar bravatas sen ton nin son buscando titulares de prensa. Compartir poder é negociar e acordar políticas conxuntas. É ceder e aceptar que a verdade en política maiormente non é propiedade dun grupo e menos dunha persoa.  Polo que, hai varias cousas que veremos como se resolven. A primeira son as denuncias diante a xustiza que foron promovidas por D.O. Lembremos o asunto do PXOM. Aínda que segundo varios medios seguirá levando o urbanismo o mismo Sr. Que promoveu a aprobación inicial; aprobación  e que agora  quere anular, para deixar sen efecto a demanda nos xulgados. Nese senso veremos como actúa o impulsivo e ata agora, pouco reflexivo alcalde. A segunda é o reparto de concellerías. Aínda que neste senso parece que hai un acordo inicial que lle deixa infraestructuras a D.O.  Pois, aínda que cartos hai pola escaseza de xestión de anos anteriores, gobernar é moi distinto de latricar e predicar dende a oposición.
 
Son consciente de que a todo goberno hai que darlle os cen días de marxe. Con todo, a cuestión da gobernanza do concello e da provincia abre un tempo político  novo. Un tempo que non deixa de ter  incertezas e moitas interrogantes. Esperemos e vexamos si na  casa de todos  hai un espectaculo comedido, ilusionante e edificante que encandile ós ourensas  ou, si pola contra,  hai un circo mediatico onde o insulto e a perda de formas, como foi ate agora, sexan o  pan de cada xornada. En fin estamos diante un tempo novo. E xa veremos o que acontece.

Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana
Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana | Fonte: ourensedixital
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com