Tempo de promesas

Estamos en tempo de promesas e todos os aspirantes a entrar nos diversos concellos, falan e anuncian centos de obras e actividades de todo tipo que farán que a nosa vida sexa mellor.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 17/05/2019

Comparte esta noticia
Uns falan de baixar impostos; outros de obras fermosas que non se sabe onde se farán; outros falan do que non  fixeron os que nos gobernaron,  máis non recoñecen a parte de culpa que tamén tiveron como oposición; outros de que todo está moi mal, e así un longo etc. 
 
Vivimos nun tempo electoral no que o compromiso sen data e pouco concreto anda na boca de todos os candidatos a sentarse nas cadeiras  de goberno dos concellos. Mais, as campañas en tempo de eleccións, ademais de recoller as promesas e os proxectos que agora se anuncián con tanta parafernalia,  non son máis que fumaradas ó vento.  Proxectos oportunistas en tempo electoral sempre os houbo. Non sei si os ourensás lembran hai anos o anuncio con moita pompa do proxecto Milenio en Benposta; ou do circuíto de velocidade entre outros. O certo é que  agora algúns volven a  mostranos fotos idilicas con paisaxes fermosos de obras, pero  que non se sabe onde estarán ubicados nin cando se farán.  Iste  é o caso do Auditorio Aberto de Ourense que anuncia un candidato. Todos istes faroles son a mostra de que en campaña electoral todo vale con tal de engatusar ós cidadáns para que voten á súa opción política.
 
Analizar o pasado dos que gobernaron e incluso facer unha autocrítica, para os que estiveron na oposición e non tiveron a sensibilidade de buscar acordos naqueles temas que son de interese xeral como o do PXOM, é unha obriga que temos como electores.
 
Ben sei que na feira electoral, pola parte política, a autocrítica non será posibel.  Prometer o que non se fixo e agochar o pasado entra na lóxica de barrer pra casa.  Por iso os contrincantes  lánzan promesas que incluso non son competencia municipal. E polo tanto nunca serán realidade. Pero engaiolar ós posibles votantes é o obxectivo e pra iso recúrrese a todo tipo de estratexias e ocurrencias.
 
Non sei si estaremos diante un cambio de rumbo electoral na nosa cidade. Todo é posibel.  Aínda que Ourense precisa, como auga de maio,  un aire novo que osixene a vida local e provincial. Con todo, é preciso que nós, os votantes, fagamos unha analise do que se fixo neste poeríodo  e do que se promete para os catro anos. Pois precisamos distinguir o grao da palla. E logo votar aquelo que  nos pareza máis normal e interesante.
 
Con todo, estou esperando que alguén prometa facer o Miño navegabel ata ó Atlántico. Entón cando vexa que pode  ser realidade, ate é posibel que vote a  quen anuncie tal proxecto.  Do contrario tantas opcións a gobernar esta Auria  lévanme  á confusión e ando, como moitos ourensás,  un tanto perdido. 
 
En fin, pra rematar direi que a maioría das promesas que saen da boca de moitos candidatos véxoas como trolas ou se o prefiren como fumo de magosto. Por iso digo ollo que  andamos no tempo das promesas. 
 

Papeletas para as eleccións ao Parlament do 21D en Catalunya. EUROPA PRESS - Arquivo
Papeletas para as eleccións ao Parlament do 21D en Catalunya. EUROPA PRESS - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com