Incertidume política

Cando se achega o día pra constituirense as corporacións locais, na cidade das burgas os acordos para conformar unha maioría e nomear alcalde seguen na máis absoluta escuridade. As conversas que, segundo comentan, existen entre os distintos grupos, e nas que máis que falaren de programas, seica falan do reparto de poder, o que se entende como unha subasta de cromos, seica siguen a dúas bandas. Ti para eiquí e eu para alá e todos contentos.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 12/06/2019

Comparte esta noticia
A situación no noso concello nunca estivo tan chea de incertidume  dende que chegou a democracia. Pero como parece que nada hai claro, teremos que esperar ó sábado e xa veremos se non hai sorpresas. O asunto, desta vez,  ten certa enxundia ó engadirlle por adición a perda da maioría absoluta na Deputación provincial. O caso é que, se uns lanzan un ultimatun que máis parece un farol que outra cousa, e din que o actual presidente non pode seguir rexindo o ente provincial,  outros, que foron o vergallo torturador no ente provincial e no concello, abren a porta a posibles acordos con tal de sentar na alcaldía o seu candidato. 
Mais, como todos son rumores e contos, penso que hai que apelar  a aquelo de ter confianza. E nese punto é onde o asunto deixa moito que desexar. Pois nas organizacións políticas tamén funciona, como no asunto dos cartos, o principio de confianza e o de  seriedade. Polo que parece que, nos  grupos pra chegar acordos políticos  de mandato electoral, ten que existir unha minima de confianza que axude a non andar guichando ás agochadas o que fai, ou non fai o socio co que pactas. E nese punto da confianza, poucos se fían dalgunha forza política que é chave pra conformar maiorías.
 
Con todo o dito, parece que as cousas van mudar pouco. E, de non ser un miragre, teremos un alcalde en minoría obrigado a pactos para gobernar; ou un alcalde con maioría tutelado por parte dos que estiveron no desgobeno destes catro anos últimos. E na Deputación: máis do mesmo.  
 
En fin: o vindeiro sábado poranse as cartas boca enriba, e saberemos a que xoga Jácome e os seus; Saberemos que fai Cidadáns e o  Bng, aínda que intuimos. E tamén saírán á luz os pactos se os houbera. Igualmente saberemos se no  PP superaron a primeira espantada que deu o segundo da lista, poñendo  pés en polvorosa e  decindo que por dignidade fuxe. Tamén saberemos se Jesús Vázquez sigue laiandose e resiste para logo dimitir e gañar un postiño de senador  ou mandar nun chiringuito deses que ten a Xunta.
 
O certo é que na cidade das Burgas hai incertidume por ver se arranca o mandato e o  concello empeza a afrontar os graves problemas que ten esta Auria. Pois esta cidade  leva  sumida catro anos  no desleixo e camiña sen futuro nin ilusión. Espermos e vexamos.

Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana
Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana | Fonte: ourensedixital
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com