Artigos de Manuel H. Iglesias

Tempos de incertidume

No tempo do estío, como ven sendo habitual, as actividades lúdicas e festivas ocupan moitos dos nosos días. Festas romarías e cantidade de eventos moi diversos brotan por toda a xeografía, especiamente a galega. Estamos no verán e tempo de disfrutar, de estar á sombra nunha carballeira ou paseando pola praia. Os foguetes anuncian a festa en louvanza de tal o cual santo. E todo é ledicia e troula.

Metamorfose oportunista ou posibilista?

Que no tempo das campañas electoriais dinse moitas cousas que logo pasan ó esquecemento, a niguen se lle escapa. Que neses 15 días prométense cantidade de historias a sabendas de que son imposibles de afrontar, tamén.

O interese partidario por riba do xeral

Cada día entendo menos o acontecer na política diaria do noso concello. Todo parece un tanto surrealista e moi contraditorio. Todo é distinto dependendo do cristal por onde se mire. Pois non é o mesmo estar na oposición que gobernar. Vamos que unha cousa é criticar, lanzar infúndios, prometer e prometer, que logo ter que solucionar os problemas da veciñanza. Pero señores é o que hai e o que temos a día hoxe. Estamos de novo en campaña electoral e volve o tempo das promesas, de lanzar e pedir aquelo que se sabe imposible, de agochar a verdade como fai o Sr. Rajoy e logo farase o que se poida ou o previsto que ven a ser o que non vende electoralmente.

Feismo e ostentación

Hai un tempo organizouse en Agromadas unha conferencia sobre a Heráldica en Galicia. É lémbrome do acto pois unha de tantas imaxes que se ven na nosa terra, estes día avivoume o sentido. Sí, unha imaxe que lémbrame, con menos caché, ás contruccións no seu día deixaron os indianos en moitas partes de Galicia.

Publicidade ofensiva

A muller e o seu corpo sempre foron un obxectivo prioritario na publicidade. E, a teima de empregar o seu físico de maneira frívola como un elemnto para chamar a atención, vender un produto ou mesmo promocionar unha idea, sempre estivo guiada por certos límites éticos aínda que todos bastante machistas. Pero, dende hai un tempo, tales límites difusos dese machismo que marcan o que se pode facer ou está porohibido están a ser superados, pois parece que agora todo está permitido e todo vale con tal chamar a atención e lanzar ó mercado o que sexa.

O povo é quen máis ordena

Vivimos en democracia e aceptando esta reaslidade o pobo é quen máis ordena pois elixe os seus representantes e eles as maiorías gobernantes. Pero resulta que levamos dende o 20 de decembro cun goberno en funcións e estamos, alomenos unha gran maioría de cidadáns, insatisfeitos pois, como di unha cantiga da música comercial de consumo diario, “no hay manera”.

Entre o posibilismo e a utopía

Se nos atemos a definición que di: a política é a busca da solución menos mala, ou a realización do posible, concluiremos que, a día de hoxe, despois de varios meses con tiras e afloxas, pasou o tren do acordo e soamente queda como repartir as culpas polo fracaso dunha alternativa ós populares.

Poderes agochados

“Nalgún momento sairán a luz, pois son como as meigas, dado que existen aínda que non se ven pero mandan e teñen gobernantes electos presos do favor que os obliga a actuar sempre na defensa dos seus propios intereses.”