Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 16/05/2016
No transcurso da mentada conferencia contaba o ponente que, a día de hoxe non había unha norma concreta para acceder a ter títulos e poñer nas fachadas escudos indicadores de ser pertencentes a unha estirpe determinada. Pois, nestes tempos todo iso está un tanto desfasado e superado. Polo que ter na fachada da casa un escudo pudera ser indicativo de que, nalgún momento, a vivenda fora dalgún persoeiro noble. Pero o de poñelo inventando un, como acontece con suma frecuencia, parece ser indicativo de querer sobresaír sobre o común dos mortais. Vamos, dito doutro xeito, amosar poderío.
E para ilustrar tal cuestión comentaba que uns emigrantes da zona de Carballiño, despois de traballar moitos anos nun pais europero e gañar os cartiños mercaron unha casa bastante grande nunha das aldeas que hai espalladas pola nosa xeografía. Reparárona o seu xeito e, para deixar pegada de poderío diante os demais veciños e viandantes, puxerónlle un escudo de pedra encastrado na parte principal. O dono que era un tal Gil encargoulle ó canteiro que lle puxera como elemento de distinción as letras Gil e pra enchelo de contido dúas pombas.
Maís o maxin dalgún veciño retranqueiro axiña comentou: que fermoso e o escudo de “Gil y Pollas” grande e nobre apelido.
Pois ben, despois de ver varias casas con ornamentos esaxerados e diversos espalladas por toda esta terra; ornamentos feitos por persoas que, de boa fe, que ignoran descoñecen o valor da nosa arquitectura e as nosas formas, así como o encaixe co medio natural; despois de ver vivendas cargadas de elementos extraños e atributos portentosos e con formas rocambolescas, un conclúe que, nesta terra onde a pedra é un elemento básico para facer o fogar, o feísmo e a esaxeración non existe, ou si existe non hai conciencia do que é. Pois como tal concepto non está instalado na mente dunha grande maioría social. Posiblemente por descoñecemento e por falta de valoración do propio. Algo semellante tamén pasa nos camposantos onde os despropósitos tamén campán en mausoleos esaxerados de granito artificial e logo ornamentados con letras e flores de plástico.
E que pode indicar isto? Pois unha ausencia de persoalidade e de estima polo propio que causa certo espanto. Ben sei que tamén hai, e día a día gañan espazo, posturas racionalistas de restaurar, respectar e mellorar moitas edificacións e formas das herdadas; de non perder as raíces como base para modernizarse. Pero, con todo, o feísmo e sobre todo o querer amosar poderío económico manda e campa nos nosos pobos e aldeas. Conclusión: cando a obstentación de poderío soamente se entende por ter cartos, tal crenza pode levar a que o retranqueiro de turno nos espete unha frase desas que non gustán. Como o exemplo que nos contou o ponente na conferencia mentada.