Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 27/04/2016
E diante un panorama de ter que escoitar diariamente: a culpa é túa, pois ninguén quere cargar con ela, ésta de novo quedará solteira e sin compromiso.
Pero, o máis curioso do asunto, segundo as enquisas que circulan, é que os que menos se moveron para amañar iste tema; os que fixeron a oferta de non tocar nada do pasado e mirar para adiante como se nada acontecera, parece que serán os máis beneficiados electoralmente se hai que votar o 26 X. Pola contra os que tentaron buscar acordos, van perder representación.
Ben sei que estas premonicións veñen de enquisas e que pode acontecer que se cumplan ou se desvíen pero, o certo é que parece que nestes momentos a racionalidade política quédase aparcada para darlle saída ó cabreo e o inconformismo; para darlle espazo a lingua desatinada no bar, no bus ou nas tertulias familiares. Por iso non entendo ren do que está a acontecer. Polo que semella que o noso mundo mundo camiña ó revés. E algo hai diso cando se castiga máis a oposición que a quen goberna e viviu e vive enlamado no xurro e na corrupción.
Agora que pasou outro 25 de abril, sí, o da revolución dos cravos no país veciño, lembro a frase que todos os progresistas e demócratas berramos e que pasou á historia: o povo é quen mais ordena. Por iso moitos percibimos que a día de hoxe, en certa medida, o mundo camiña revirado e torto. E se non fíxádevos no que acontece moi perto de nós. Na vella Auria neste Ourense, o equipo de goberno da institución provincial, censura a un membro da oposición por facer o seu traballo. Ou sexa: fiscalizar ó goberno. Ou si queredes inos un chisco máis lonxe a institución do saber e da ciencia como é a universidade. Fixádevos nomearon a moitos honoris causa e resulta que case todos son delincuentes, defraudadores, ladróns e mesmo tunantes. Todos, portadores de leccións maxistrais e de consellos que eles mesmo burlaban. Menudo chiste. Por iso, moitos teóricos da política, dominadores da verborrea e do populismo prometen o ouro e o mouro. Teñan moito coidado que somente son teóricos que non viron o sacho nin pisaron a lama nin viviron na estreitez económica. Sí, dan leccións que son pura teoría.
En fin, que como me dicía o meu amigo Manuel da Castellana, mira eu non che fun a universidade, pero agora déronme o titulo de licencidado pola vida. Sí, licenciado da experiencia. Por iso, cando vexo nas redes sociais a moitos cidadáns e xente de boa fé, repetir a frase de que o povo é quen máis ordena, pois digo, na miña terra, ordena que goberne quen gobernou case sempre e mira como imos: de mal en pior. Mais a xente que é a que máis ordena vai premiar de novo ós mesmos de sempre. E iso lévame a pensar que a sociedade coas súas contrariedades tamén é cómplice da situación actual por guiarse por impulsos e non pola racionalidade.