Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 05/05/2016
Hai uns días, un anuncio que ofertaba unha praza de camareira en Sanxenxo, poñía unha serie de condicións que tiñan que cumplir as persoas que quixeran optar a tal posto. Dicía o anuncio que as persoas, para iste traballo, tiñan que ter uns determinados atributos físicos e certa dispoñibilidade do seu corpo para ser admitidas. Estaba claro, as mulleres non so tiñan que servir as copas, se non que ademais debían lucir unha determinada figura e certa dispoñibilidade para o xefe pois era condición indispensable.
Nestes día nunha rede social, outro anuncio chamaba a atención. Un local de comidas promocionaba a venda de hamburguesas e na foto do anuncio poñia a unha muller totalmente espida e troceada en pezas, tal como están nas carnicerías os animais que comemos a diario. Así estaban marcadas as partes do corpo, a panceta, as pernas, os muslos, os peitos etc. Como se fora un produto cárnico para asar, guisar ou cocer e logo degustar.
Vivimos nunha sociedade libre onde está permitido case todo, pero hai cousas e facetas que teñen que aterse a unha reglas que non ataquen a integridade, a dignidade e a moral e ética das persoas.
A publicidade ten que ter unha reglas que ninguen pode saltar por moi moderno que se considere. Ademais, que teñen que ver as hamburguesas coa foto dunha muller espida marcando as partes do corpo como se fora a ser dividida e esnaquizada en anacos para a súa venda?
Menudo animal irracional é o que pon tales anuncios. Menudo besta que anuncia unha praza para contratar unha persoa con tales condicións.
Por isos resulta un tanto triste e sumamente dificil de entender a maneira de como se usa a figura do corpo humano como elemento publicitario. E dentro deso a que pior parada sae sempre é a muller, pois aparece soamente como elemento de desexo carnal. Un elemento para usar e tirar. Aparece como un obxecto; unha cousa que se emprega e logo se bota o lixo. A pregunta podería ser a seguinte: onde esta a dignidade da persoa que ten sentimentos e vida propia? Non erstermos como sociedade perdendo o norte?
Moito ten que cambiar a sociedade actual para entender que os seres humanos temos, neste caso, as mulleres, unha dignidade, que non pode ser empregada como elemento de comercio e promoción para acadar obxectivos económicos e gañar máis cartos. Xa chegan os milleiros de anuncios diarios que circulan nas páxinas de contactos, se non que teñen que aparecer os que comento, onde o corpo humano figura dividido en anacos, como as pezas dunha xuvenca para ser vendidos, preparados e saboreados polos demais humanos.
Vivimos nunha sociedade machista e sumamentre desnaturalizada. Sí, unha sociedade que ve á xente somente como elemento comercial, e á muller como obxecto de uso exclusivamente carnal. De pena.