Artigos de Manuel H. Iglesias

Á deriva

Son moitos os cidadáns que empezan a estar un tanto cansos e mareados, pois con isto dos pactos e de que todos están dispostos a chegar a acordos, non entenden a razón pola que non se elixe a un presidente e se forme un goberno que recolla o sentir maioritario da xente; un executivo que sexa capaz de dar un xiro na política que ate agora nos levou a unha situación dificil e nos ten sumidos nun marasmo no que a incertidume é o que máis se percibe.

Que fráxil memoria temos!!!

Ateigados de novas díarias, resulta moi sinxelo esquecerse de tanta información recibimos, pois ate chega a saturarnos. Polo tanto, para seguir camiñando pola vida, necesitamos liberarnos de tanta noticia facendo un cribado para eliminar o banal e centrarnos no importante.

Nin arre nin xo

Miere señor presidente que as cousas non lle son coma antes. Entenda que a época das maiorías absolutas mudou; que chegou outra xeneración de xente á política e pide paso; que vostede ten a derradeira oportunidade de ser presidente. Polo tanto, deixe de dicir que o pasado do seu goberno e as súas grandes leis non se poden revisar; que hai que chegar a acordos e iso implica ceder e faga unha fonda autocrítica de como se fixeron as cousas; e lembre que hai que lavar a casa e saneala para mudar a imaxe, etc.

Hai un galego na lúa

Mentres esperamos a que escampe o tempo e o panorama político tamén, alguén pretende vendernos unha noticia como a mellor do ano. E faino como se fora a maior das gracias dadas a esta provincia pola teimuda reivindicación dos poderes ourensás. Claro, sen contar o que pagarán as arcas públicas, que non é pouco, para que veña o evento multicor a circular polas nosas estradiñas.

Esperando que escampe

Pois nada, chegou o inverno e alomenos en Ourense chove mainamente con ritmo de saudade. Facía falla a auga, pero iste tempo logo aburre, e deseguida desexamos que cheguen os ceos claros e saia o sol. Tamén, que medren os días e que, o panorama político, como o tempo se clarexe. Con todo, o día a día sigue xa temos os primeiros datos certos para atisvar o futuro inmediato.

"Hoy comamos y bebamos..."

“Hoy comamos y bebamos y cantemos y holguemos que mañana ayunaremos...” Juan de la Enzina poeta y músico. Fermoselle, León 1468-1529”

En clave de autonómicas

Admito que teño certa saudade polos resultados electorais en Galicia, pois resúltanme un chisco agridoces. Pero o mundo segue camiñando e chegou o momento de mirar para o futuro. Polo que, logo de escoitar a voz dos electores reflexada en votos, sen reproches nin o reclamo de facturas atrasadas, chegou o momento de falar para acadar un mañá que lle dea espranza ós galegos e a solución ós problemas endémicos desta terra. Chegou o momento de atisvar un futuro que non pase unicamente polo goberno dos de sempre. Sí, dos que repiten machaconamente que imos a mellor, cando estamos esmorecendo. Dos que din que hai ir tirando que é tanto como como aceptar mamsamente un conto que nunca remata.

Dous galegos senlleiros

Nestes últimos días, dous galegos ilustres e senlleiros, pasaron á seren historia. Dous homes con facetas distintas que levaron dentro de sí a alma desta terra. Dous seres humanos extraordinarios que, na súa traxectoria vital, deixan pegada. Deixan unha gran obra para que reflexionemos no medio dunha sociedade que camiña á unha velocidade de vértigo e, onde pouco hai permamente e si moito efímero e cambiante. Unha sociedade líquida na que, ás veces o termo modernidade confúndese con progreso e con humanización, cuestión cando menos discutible e enganosa.