Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 22/12/2015
Galegos somos todos os que habitamos nesta terra e aspiramos a un futuro mellor. Pero os galegos temos unha personalidade e uns problemas, algúns semellantes ó resto do conxunto dos cidadáns da península, e outros moi diferentes que resaltan a nosa persoalidade e teñen a súa especificidade concreta. Dende ise punto de vista tamén temos que entender que a heteroxeneidade da composición do mapa social galego. Por eso esta terra, camiñará e avanzará se nel se implica o mundo do chamado progresismo, aínda que non acepte na súa totalidade as teses nacionalistas. E ise sector está basicamente nas cidades e nas vilas.
O mundo rural é amplo pero non é decisivo no número de votos para cambiar as tendencias sociais. Polo tanto, nacionalismo e progresismo teñen que camiñar da mán xuntos para crear algo ilusionante que lle permita a esta sociedade gañar metas sociais, ampliar o seu marco competencial e o autogoberno, gañar cotas de poder político e económico, defender a súa cultura sen sectarismos nin apropiación partidadrias do que é patrimonio de todos, e gañar un fururo mellor para as novas xeneracións. Pero, para iso, tamén hai que facer algunhas concesións. A primeira é arredar ós sectores minoritarios que falan de independentismo; desvincular o nacionalismo do sindicalismo. Cada organización ten o seu rol, e ás veces neste mundo tan complexo, non son coincidentes. Falar menos de soberanía e utodeterminación utópica é baixar á política práctica que é moito máis efectiva ca vivir no mundo das ilusións sen vivos de futuro sendo sempre resistencia.
Pero ademais do anterior tamén é necesario que vellos líderes lle deixen paso a novas xeneracións que non viviron o tardofranquismo nin a transición á democracia. Necesita esta terra aire novo, e esquecemento das leás habidas que lastran os acordos e o futuro.
Galicia falou e deixou atrás un ciclo e unha forma de ver a política. Somos un país diverso e moi interesante. Falemos, unamos forzas naquelo que nos é común para rachar co meigallo de que sempre andamos rifando ou discutindo polas leiriñas de poder e poder acadar o poder nas autonómicas. E seguro que teremos un futuro mellor. Do contrario, vivir un nacionalismo de resistencia é tanto como impedir a evolución do mundo.