Nin arre nin xo

Miere señor presidente que as cousas non lle son coma antes. Entenda que a época das maiorías absolutas mudou; que chegou outra xeneración de xente á política e pide paso; que vostede ten a derradeira oportunidade de ser presidente. Polo tanto, deixe de dicir que o pasado do seu goberno e as súas grandes leis non se poden revisar; que hai que chegar a acordos e iso implica ceder e faga unha fonda autocrítica de como se fixeron as cousas; e lembre que hai que lavar a casa e saneala para mudar a imaxe, etc.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 01/02/2016

Comparte esta noticia

Iste sería o que moitos lle diríamos a quen presidiu o goberno do Estado e agora está na interinidade do mandato. Por iso cando escoito falar das preocupacións e das valoracións negativas  que fai Rajoy sobre as demais forzas políticas, penso que,  quen non foi capaz de presentar unha proposta de goberno seria  que vaia máis alá da súa visión de política partidaria,  non vale para seguir presidindo o goberno. Entendo que a renucia, a medias,  que non o retiro da vida política, é unha estatéxia unicamente partidaria. Unha máis,   para quen  contan máis os seus propios intereses e os do seu partido que os dos conxunto dos cidadáns. Polo tanto,  o do  ben dos españois non é nada máis ca unha falacia e unha escusa para tratar de gañar tempo.

Con esta situación un tanto curiosa, por non dicir extraña e pouco responsable, veremos como se resolve a segunda volta de consultas e a quen manda o Monarca formar goberno. Confeso que non me gustaron as formas do sr. Iglesias hai uns días, case anunciando o nome dos ministros e dando por feito un acordo, sen falar cos grupos cos que quere acordar. 

Pero, cando as cousas non camiñan e  nin se moven,  alguén ten que darlle un empuxon e axitar o asunto. Está claro que rematou o tempo das maiorías absolutas, e un sector moi maioritario de cidadáns reclaman reformas e unha ética política nova. Mais os  dirixentes da dereita cóstalle asumir que se queren gobernar teñen que rexenerarse, é teñen que  mover ficha.  Máis, con  todo, parece que, no seo dos populares,  iso de momento non está previsto, pois mover ficha no PP  implica apear do machiño a moitos prebostes, facer un lavado no partido,  e asumir que non soamente son eles os que teñen dereito a gobernar. E todo iso, sen ameazar indirectamente ós que pretenden formar unha maioría alternativa para gomernar, con aquelo de “temos a maioría absoluta no Senado ou podémonos entender en certas autonomías”.

En fin, cando, o que pretende ser  director da orquesta, nin arre nin xo, ou si o prefiren nin pra diante nin pra atrrás, todo indica que os intereses persoais e partidarios están por riba dos xerais e iso é o que está a pasar hoxe. Polo que deduzco que, baixarse do carro do poder, mete medo e arrepío.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com