Unha importante parte do centro da capital galega permanece deshabitado. Trátase de impoñentes casas dos séculos XVIII e XIX que contan con máis de catro plantas e que, a día de hoxe, non se poden sequera poñer á venta por pisos nin converterse en hotel. O evento Creafogar ensina como se lle pode dar unha segunda vida a estas edificacións combinando mobles novos creados por artesáns galegos con mobles antigos.
  comenta   0