O seu repertorio inclúe unha mestura entre música urbana, latina e electrónica, seguindo o exemplo de artistas como Juan Magan ou Danny Romero, sempre como máxima de que "cando o público marche para a casa pense naquel momento da noite no que o dj puxo unha canción na que todo o mundo se volveu tolo".
  comenta   0
O concello coruñés de Lousame reuniu por primeira vez neste verán á 'Familia Combo' ao completo. Familiares, amigos e veciños de Bertamiráns, xunto aos integrantes do grupo Nueva Fuerza bailaron ao 'dediño' as coreografías de El Combo Dominicano nunha noite pensada por e para o disfrute do público.
  comenta   0
Panorama, París de Noia e Olympus continuarán as súas respectivas xiras esta primeira fin de semana de xullo tamén por fóra do territorio galego, na comunidade veciña de Asturias.
  comenta   0
Este venres 22 de xuño comezou unha tempada estival na que as actuacións de orquestras como Panorama, París e El Combo Dominicano xa non só se limitan á fin de semana, senón que continúan os luns, martes e mércores.
  comenta   1
O tempo case invernal non restou afluencia a unha das festas máis masivas da fin de semana, a de Budiño (O Pino). 'Un beso en la discoteca', de El Combo, e 'Esto es pa' ti', de Panorama, os temas que puxeron a bailar a todos e todas.
  comenta   0
A Valenza (Ourense) e Budiño (A Coruña) reúnen esta fin de semana ás orquestras máis potentes do panorama actual. GC fai un percorrido pola historia destas míticas referencias musicais dos pobos do país.
  comenta   1
Combo e New York foron as orquestras estrela na noite 'verbeneira' da pequena parroquia de Albixoi, que bailou onte a ritmo de 'El Tembleque', 'Escápate' ou 'Te lo voy a partir', entre outros temas, nunha festa que congregou a unhas mil persoas fieis a dúas formacións con grande tradición na verbena galega.
  comenta   1