O Galicia Confidencial fala coa antropóloga Lidia Mariño sobre as historias que rodean á Santa Compaña como agoiro de morte, a poucas horas de que comece o seu período de máxima actividade: a Noite de Defuntos.
  comenta   0
Entre eles atópanse dez disfraces, catro máscaras e antefaces, nove coroas e diademas, nove xoguetes de distinto tipo (pistolas, faroliños, accesorios, etc.) e unha perruca.
  comenta   0
A perito xudicial en Arqueoloxía especializada en cultura celta África Castañeda confesa ao Galicia Confidencial que, "se se trata de recuperar a celebración tradicional tirando máis para o Halloween que para o Samaín, probablemente se remate perdendo".
  comenta   0
O antropólogo Rafael Quintía, que descarta absolutamente falar de Halloween, asegura que o termo correcto para esta festividade sería Día de Defuntos. "Chamarlle Samaín tampouco ten sentido, porque a de hoxe xa non é a festa que se celebraba na Idade de Ferro, é outra cousa", afirma, apuntando que "un termo interesante e que estaría moi relacionado con este Día de Defuntos sería o Magosto, que comeza tamén o 1 de novembro e é outro rito de carácter funerario".
  comenta   0
Do colar de zonchos ás cabazas con caras (pero non de terror como no Halloween), pasando pola danza do abellón ou deixar a mesa posta e non varrer a casa esa noite. Borxa González Castro, de Orgullo Galego, cóntanos máis sobre estes ritos.
  comenta   0
Uns emprendedores de Pantón ofrecen estes días a posibilidade de vivir un Halloween diferente convertendo o seu viñedo nun particular cemiterio onde non faltarán nin meigas nin seres malignos que saen das tumbas para volver ao mundo dos vivos…
O antropólogo Jesús Moreno, relatou como o gran peso deste desenvolvemento teno "a gran industria do cinema, a comunicación" e, agora, Internet, que fan que "a imaxe que chega de Estados Unidos impregna todo".
  comenta   0