O Salón Internacional de Turismo Gastronómico, de Expourense, acolleu o 1º Campionato de Tortilla de Patacas de Galicia. O actual campión de España, Ramón Rodríguez (Restaurante O Cabo da Coruña), gañou tamén este Campionato de Galicia na modalidade de 'tortilla de patacas tradicional'.