A Sala considera que “as oportunidades ou expectativas para o enfermo serían outras” se en lugar dunha administrativa fose un médico o que valorase a súa situación cando acudiu a urxencias.
  comenta   0
O persoal que traballa na área do paritorio, quirófanos, urxencias xineco-obstétricas e planta de obstetricia remitiron un comunicado á dirección do Complexo Hospitalario de Ourense no que denuncian obras que non rematan nunca, suciedade e falta de hixiene no lugar de atención ás pacientes e tamaños reducidos e falta de servizos das habitacións. Dende Sanidade aseguran que están traballando na mellora da unidade.
  comenta   0
En rolda de prensa, instaron á Consellería de Sanidade a presentar "un traballo con validez clínica" para demostrar o correcto funcionamento deste plan, que consideran que "non cumpre as condicións éticas e deontolóxicas" e "vulnera o dereito á confidencialidade e a seguridade dos pacientes".
  comenta   0
A Sociedade Española de Medicamento de Urxencias e Emerxencias (SEMES) describiu algúns casos nos que os pacientes con Covid ou gripe deben ir a urxencias: se o paciente é poboación vulnerable, se se ten sensación de falta de aire, dor no peito, vómitos ou diarreas, se hai alteracións de consciencia, se se ten febre alta durante 48 horas ou se se pertence a un grupo sensible.
  comenta   0
O Sergas contabiliza no que vai de decembro unhas 2.700 asistencias diarias en urxencias. Profesionais e usuarios critican a situación que se viven en Urxencias.
  comenta   0
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia o "colapso permanente" das Urxencias do Hospital Clínico compostelán, despois dun episodio na tarde do mércores no que describen con "13 pacientes graves en padiolas e cadeiras de rodas". De feito, había "26 pacientes co ingreso asinado" que estaban "a esperar o traslado a planta e ocupando zonas de atención".
  comenta   0
Diana Flórez Rodríguez, presidenta da Asociación Galega de Enfermaría pediátrica (AGaEP), contesta duramente, neste artigo remitido ao Galicia Confidencial, ao sindicato médico que criticou que certas funcións dos pediatras sexan asumidas por Enfermaría.
  comenta   0
O Xide é un novo sistema que busca facer máis áxil a obtención de citas no SERGAS. Parte da comunidade médica e do persoal de atención aos doentes consideran que se trata dunha “triaxe encuberta” e que vulnera o dereito á intimidade das persoas, ademais de deixar en mans de persoal non médico o primeiro contacto do paciente para ser derivado ou non, á unidade correspondente.
  comenta   1