Fai cousa de dous meses e medio abriu a tenda 'online' PinkPeas, con todo tipo de produtos de alimentación, suplementación, xoguetes e hixiene animal. Teñen comida para cans, gatos, coellos, cobaias, chinchillas, aves e ata tartarugas. Hoxe, dende o GC falamos con Carla Aparicio, a súa directora e fundadora da primeira clínica veterinaria vegana en España: LidaVet.
  comenta   1
Segundo conta Rebeca Bande, presidenta da asociación Esveco, "neste último ano houbo tres familias de Galicia de diferentes localidades, todas usuarias de Galiñas Azuis, que recibiron unha negativa por parte do centro para que os seus fillos puidesen contar con menú vegano". Algo que considera "unha discriminación".
  comenta   2
Este movemento pretende deter o cambio climático, a loita contra os malos tratos aos animais en calquera das súas formas, promover unha alimentación “sen violencia” e o veganismo.
Lamentaron que o único contacto con responsables da CRTVG "fose infrutuoso", polo que pensan, "denota falta preocupante de interese por axudar a resolver as decenas de miles de abandonos que suceden cada ano na Comunidade".
  comenta   0
Os encargados de levar esta petición ao Defensor del Pueblo, sinalaron na súa solicitude inicial que outras autonomías como País Vasco xa "normalizaron" esta situación.
  comenta   0
O alcalde argumenta "dificultades loxísticas" para manter a alternativa vexetariana que se ofreceu nos últimos anos e que un grupo de comensais volveu demandar.
O alcalde argumenta "dificultades loxísticas" para manter a alternativa vexetariana que se ofreceu nos últimos anos e que un grupo de comensais volveu demanda.
A doutora Regueiro traballa como endocrina no CHUAC. Logo da reportaxe da semana pasada sobre dietas sen carne ou con pouca proteína animal, preguntámoslle a esta experta se son certos parte dos datos que se incluíron na anterior reportaxe e cales son os déficits alimentarios da xente máis nova. Mais esta especialista insiste en que se debera ter coidado coas graxas trans, aceites industriais e levar unha dieta o menos afectada por estes alimentos.
  comenta   0
O aumento nos índices de sobre peso e obesidade están facendo cambiar o réxime alimenticio dalgunhas persoas. Entre os cambios operados na sociedade están as dietas vexetarianas e veganas. Aínda ben, non só o estilo de vida e alimenticio acutais están detrás da decisión de optar por unha dieta sen carne ou con baixos índices da mesma.
  comenta   0