O xuíz envía a prisión por autoadoutrinamento á presunta xihadista detida en Viveiro

A Garda Civil observou "un incremento do nivel de risco" desde o seu primeiro arresto en 2018.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 25/07/2019 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata acordou prisión incondicional polo delito de autoadoutrinamento para a presunta xihadista detida este martes no municipio lucense de Viveiro, dada a súa reincidencia en asumir os postulados terroristas. En 2018 xa fora arrestada.

Xihadistas en Siria
Xihadistas en Siria | Fonte: periodistadigital.com

O titular do Xulgado Central de Instrución número 5 tomou esta decisión despois de que a investigada, de 45 anos de idade, fose posta a disposición xudicial este xoves, segundo informaron fontes xurídicas.

Segundo informou o Ministerio do Interior, tras observar "un incremento do nivel de risco" desde que foi arrestada por primeira vez, a Garda Civil procedeu novamente á súa detención "para neutralizar esta ameaza á seguridade pública e determinar se a muller puidese estar a ser instrumentalizada ou influenciada por alguén".

Ademais de consumir propaganda producida por diversos grupos terroristas, a detida celebrou publicamente accións violentas, como os ataques perpetrados en Barcelona e Cambrils en agosto de 2017. "Mesmo mostrou a súa intención de replicar en Galicia un atentado de características similares", afirma Interior.

Doutra banda, os investigadores constatan que, desde entón, consciente do carácter delituoso das súas actividades, "asumira numerosas medidas de seguridade coa intención de eludir a vixilancia dos investigadores". Estas medidas abarcan a súa actividade en Internet, en redes sociais, o uso de comunicacións telefónicas e o seu comportamento na vida real, apunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta