Cando galegos e portugueses se enfrontaron conxuntamente á construción dun megaencoro no río Miño
O documental O Salto, que terá unha primeira parada nas Neves, Pontevedra, érguese como unha homenaxe a aqueles que loitaron polo patrimonio cultural e medioambiental que se vería en perigo se se levase a cabo a proxección deste encoro nun tramo transfronteirizo do río Miño.