Sogama reclama "maior implicación" a municipios tras recibir un tirón de orellas por estar "á cola" en reciclaxe

Di que os residuos en bolsa negra sen reciclar aumentan en Galicia en 2024.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2025 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

A entidade público-privada Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) recolleu un total de 780.199,59 de toneladas de residuos sen reciclar a través da bolsa negra que se deposita no colector xenérico, o que supón un 0,45% máis que as 776.689,19 toneladas de 2023.

Nun comunicado, Sogama reclama unha "maior implicación" dos concellos galegos para mellorar e poder alcanzar os "obxectivos europeos", aínda que defende que os datos de reciclaxe evolucionaron " favorablemente". Segundo datos ofrecidos por Sogama este luns, a provincia de Ourense rexistrou a maior subida de residuos en bolsa negra, cun 2% máis; seguida pola de Lugo (+1,23%) e A Coruña (+0,62%). En cambio, na provincia de Pontevedra, houbo un descenso do 0,44%.

Precisamente, o Goberno advertiu recentemente á Xunta de que Galicia deberá pagar maior multa ao estar á cola en reciclaxe nunha eventual sanción a España por non cumprir os obxectivos europeos nesta materia.

Así mesmo, a reciclaxe da bolsa amarela (plásticos, latas e envases) creceu un 3,75% en 2024, ata 34.653 toneladas.Mentres, a materia orgánica depositada en colector marrón só supuxo 3.180 toneladas en 2024, aínda que sobe un 282% ao compararse coas pouco máis de 830 toneladas entregadas a plantas de biorresiduos en 2023. A estas cantidades habería que engadir as propias da compostaxe comunitaria e doméstico, agrega.

Lixo para incinerar na planta de Sogama
Lixo para incinerar na planta de Sogama | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta